O test de Holter é unha proba diagnóstica cardiolóxica baseada na monitorización ambulatoria continua do rexistro electrocardiográfico dunha persoa por un tempo de 24 ou 48 horas. A finalidade deste sistema, e as vantaxes que achega ao rexistro electrocardiográfico convencional, é que o Holter permite rexistrar as variacións ao longo do día da función cardiáca, así como as variacións co exercico e outros hábitos. É unha proba dinámica.

Test de Holter cardíaco.

Foi denominada así na honra do biofísico Norman Holter, que estableceu as bases da monitorización cardíaca no ano 1949.

Metodoloxía editar

 
Rexistro obtido nunha proba Holter.

Primeiro, colócanse uns eléctrodos no tórax que son conectados a un monitor de rexistro, o cal funciona mediante enerxía obtida dalgún tipo de batería. O aparello pódese levar no peto ou nalgún portador que non altere o normal funcionamento do mesmo, coma unha bolsa portable.

Mentres se empregue o monitor, este irá rexistrando a actividade eléctrica cardíaca e a persoa debe levar un rexistro diario das actividades que fai durante o período que dura o exame. Tras 24 horas desde o inicio do exame, a persoa debe devolver o monitor ao consultorio, laboratorio ou hospital onde se lle proporcionou o aparello. O cardiólogo observará entón os rexistros e poderá constatar se houbo algún tipo de ritmo cardíaco irregular durante todo ese tempo.

Utilidade diagnóstica editar

Emprégase fundamentalmente no estudo das arritmias, da isquemia miocárdica e de extrasístole. Para efectuar esta proba, basicamente necesítanse eléctrodos, unha grabadora e un electrocardioanalizador. Os parámetros que rexistra son:

Tamén é utilizado en casos nos que o médico realizou con anterioridade unha serie de probas diagnósticas previas sen obter ningún resultado concluínte.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar