Historicismo

tendencia filosófica

O historicismo é unha tendencia filosófica, inspirada nas ideas de Benedetto Croce e Leopold von Ranke, que considera toda a realidade como o produto dun devir histórico. Concibe ao ser esencialmente como un devir, un proceso temporal, que non pode ser captado pola razón. Concibe o devir como historia e utiliza máis a ciencia do espírito.

Segundo o historicismo, a filosofía é un complemento da historia. A súa tarefa consiste en levar a cabo unha teoría da historia. Esta proponse efectuar unha exploración sistemática dos feitos históricos. Os feitos políticos, científicos, técnicos, artísticos, relixiosos etc., poden ser considerados feitos históricos porque teñen importancia para a vida do home.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.