Historia do mundo actual

Para outras páxinas con nomes similares, véxase Actual.

Historia do mundo actual, historia inmediata, historia do presente ou historia do tempo presente son distintos nomes para unha disciplina historiográfica de recente creación e de utilización non xeneralizada no ámbito académico. Xorde por unha escisión da historia contemporánea, inevitabelmente dilatada polo paso do tempo.

Como nova área de coñecemento historiográfico nace pola necesidade de recuperar o sentido do termo contemporáneo [1] como tempo coetáneo ao da experiencia vivida. A delimitación da historia do presente ou do mundo actual depende non só das vivencias das diversas xeracións que coexisten nun momento dado, senón da conciencia histórica e do uso público do pasado pola política, os grupos sociais e os medios de comunicación. Os estudos sobre a memoria histórica, de gran difusión na actualidade, están estreitamente vinculados.

Co uso de termos explicitamente ligados ao presente e ao inmediato insístese na súa aplicación preferentemente para referirse á máis recente actualidade, co que o seu obxecto está en permanente construción.[2] A diferenza co periodismo, que se ocupa tamén da narración da actualidade consiste na aplicación da metodoloxía propia da ciencia histórica. O problema da obxectividade é o que máis facilmente pode afectar ao historiador da historia inmediata ou do tempo presente;[3] aínda que tampouco ocorre que para épocas máis pretéritas se consiga totalmente, a pesar de que para elas debese operar a perspectiva e os intereses lonxincuos que dá o paso do tempo. Eric Hobsbawm argumenta que o historiador mantén unha relación moi persoal incluso co período non vivido directamente por el, pero que viviu de forma intermediada, influído pola súa familia ou outros testemuños (o que denomina zona de sombra).[4] Para períodos máis afastados no tempo, a identificación cunha relixión, unha nación, unha civilización ou calquera outro trazo (que, aínda que careza de validez para o presente, pode ser incluso adoptado polo historiador) operaría no mesmo sentido.

Tales etiquetas historiográficas son tamén utilizadas para periodizar o segmento máis actual da Idade Contemporánea, cuxa determinación non suscitou un acordo xeneralizado entre os historiadores do período: poden referirse ao mundo posterior á caída do muro de Berlín (1989) e á desaparición do bloque comunista ligado á Unión Soviética, ou ao posterior aos atentados do 11-S, aínda que na súa orixe se acuñou (por historiadores franceses como Pierre Chaunu [5] ou Jean-Pierre Azéma,[6]) para designar o mundo posterior á segunda guerra mundial (1945). Para as historias nacionais, como por exemplo a de España, tamén se utilizan distintas datas: 1939 (final da Guerra Civil Española) ou 1975 (morte de Francisco Franco).

Notas editar

  1. contemporáneo Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. Historia inmediata Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine. en Historia a Debate; Carlos Barros Guimeráns La historiografía y la historia inmediata: La experiencia latina de Historia a Debate (1993-2006)
  3. Julán Casanova Secretos de Estado, El País, 03/12/2010:
    Los historiadores necesitamos años, décadas, para averiguar los hechos más relevantes del pasado, reconstruir el curso de los acontecimientos, sacar a la luz las intenciones de sus protagonistas. Una mirada rigurosa a la historia exige para nosotros, necesariamente, la aplicación de métodos críticos para evaluar las fuentes, la adopción de técnicas reconocidas para presentar y editar el material y un notable ingenio para detectar los errores en la transmisión de la información y determinar la fiabilidad de los testimonios individuales.

    Y, de repente, en apenas unos días, la filtración de una masa ingente de material diplomático, obtenida por Wikileaks y divulgada por algunos de los más prestigiosos medios de comunicación internacionales, proporciona una minuciosa crónica de la relación de Estados Unidos de América, el país más poderoso de la Tierra, con el resto del planeta. Un cuarto de millón de mensajes de más de 250 Embajadas, algunos enviados este mismo año. Estamos, sin duda, ante una ruptura de las leyes generales y de los principios morales que habían regido hasta ahora el conocimiento de las relaciones internacionales y del balance de poder entre los grandes Estados. La historia se acelera y ya no podemos aspirar a comprender las cosas pasado el tiempo, con el obligado reposo de las fuentes en los archivos, con el uso de métodos críticos para interpretar los textos y la información. Tiene que ser ahora, hoy mejor que mañana, aunque eso pueda conducir a una versión mutilada y deformada de los hechos.

  4. La Era del Imperio, Barcelona: Labor.
  5. El rechazo de la vida. Análisis histórico del presente, Madrid: Espasa Calpe, 1978. Citado en La historia del tiempo presente y la modernidad mundo, pg. 194
  6. La Secondc guerre Mondiale matrice du temps présent, en Institut d'histoire du temps présent, Heriré l'bistoire du temps présent, París, CNRS, 1992. Citado por Hugo Fazio Vengoa La historia del tiempo presente: una historia en construcción, en Historia crítica.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aracil, R.; Oliver, J. e Segura, A. (1998): El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días. Barcelona: Universidad de Barcelona.
  • Martínez Carreras, J. U. et al. (1996): Historia del mundo actual. Madrid: Marcial Pons.
  • Varios Autores (2000): Historia del Mundo Actual desde 1945 hasta nuestros días. Valladolid: Universidad de Valladolid.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar