Historia de Detroit

Fortes coloniais editar

En 1701 o explorador Antoine de la Mothe de Cadillac fundou, no nome da coroa francesa na ribeira norte do río Detroit (paso de augas entre os lagos Hurón e Erie), un asentamento que chamou Fort Ponchartrain du Détroit. En efecto deseñou unhas rúas, adxudicou lotes aos colonos que o acompañaban, e fortificou o conxunto cunha empalizada con torres nas esquinas [1]. Entre as primeiras construcións a igrexa de Ste. Anne, ao leste xunto a unha das portas do recinto [2].

En 1760, no medio da loita colonial entre franceses e ingleses Fort Ponchartrain cae en poder destes últimos e pasa a chamarse simplemente Fort Detroit. De seguido comezou a loita pola independencia dos Estados Unidos. Por iso en 1779 os ingleses constrúen un novo forte inmediatamente ao norte do antigo que recibe o nome de Fort Lernault (despois Fort Shelby [3]). Pero en 1796 definitivamente o territorio pasa á soberanía dos americanos.

Plan Woodward para a nova cidade de Detroit editar

 

No 1805 un fogo destrúe o vello asentamento xusto cando, coma Detroit, fora declarada polo goberno federal capital do novo Territorio de Michigan. De seguido autorizouse un plan para a reconstrución da cidade. O plan de A. Woodward estaba inspirado no recente de L'Enfant para Washington con grandes eixos diagonais radiando de prazas focais. Inda que non *implementado na súa totalidade a súa pegada consérvase en grandes liñas no centro da cidade actual [4][5][Ligazón morta][6].

A estratéxica posición de Detroit na ruta dos Grandes Lagos favoreceu un rápido crecemento que incrementouse inda máis trala Guerra Civil ata o punto de alcanzar un esplendor no final do século XIX polo que foi alcumada París do Oeste [7].

Capital do automóbil editar

Nese contexto apareceu a figura de Henry Ford . A cidade tiña unha desenvolvida industria de carruaxes coma estación intermedia do tráfico de dilixencias entre Chicago e Nova York. A máis, outra de motores para barcos nos estaleiros da ruta dos Grandes Lagos. Con ese punto de partida Henry Ford desenvolveu non só un novo automóbil, senón todo unha nova maneira de manufactura industrial, a cadea de montaxe. E coma consecuencia, unha nova industria que dominaría o século XX (principal dos Estados Unidos no primeiro terzo).

Detroit foi a capital de toda esa explosión. Alí asentáronse as principais compañías do sector: General Motors, Ford e Chrysler [8][9][10] [11]. O crecemento da urbe foi paralelo sextuplicando a súa poboación (305.000h en 1900 [12]; 1 800 000 en 1940 [13][14]).

Todo ese crecemento foi consecuencia dunha forte inmigración de traballadores de raza negra do sur do país e de continxentes europeos. Os conflitos raciais non tardaron en aparecer e xa nos sesenta a suburbanización das clases medias e altas brancas foi notable. A carestía do petróleo despois de 1973 e a subseguinte crise da industria do automóbil non fixeron senón agudizar a segregación. O downtown de Detroit quedou convertido nun magro distrito de negocios baleiro pola noite e arrodeado de extensos barrios de clases baixas, desempregados e con grandes taxas de drogadiccións e criminalidade. A cidade ten perdido nos últimos decenios a metade da súa poboación [15] Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine..

Inda que téñense posto en funcionamento plans de revitalización (renacemento), as sucesivas crises da industria automobilística (a derradeira nestes días de 2009) non fan máis que machucar a unha metrópole ferida que terá que reinventarse no futuro [16].