Historia das mulleres

A historia das mulleres[1] é un enfoque histórico crítico coa historia tradicional e vinculado ao xurdimento do movemento feminista e o feminismo académico.[2] A historia das mulleres recupera o papel das mulleres na historia, un papel ocultado polos mecanismos que desenvolveu historicamente o patriarcado[3]e o fenómeno conceptualizado como criptoxinia no ano 2020.[4] Ademais da recuperación do papel das mulleres en diversas clases sociais e momentos históricos, o enfoque de xénero da historia trata de desentrañar os mecanismos opresivos que produciron as desigualdades.[5] Para iso utiliza o xénero como categoría de análise, tal e como propuxo a historiadora Joan Scott en 1986, co dobre obxectivo de recuperar o papel desempeñado polas mulleres ao longo da historia, e coñecer os mecanismos de poder patriarcais, estes estudos históricos abordaron, por unha banda, perspectivas estruturalistas ou propias da historia social (traballo, institucións, política tradicional, clase social, movementos políticos, parentesco, etc).[6][7] Por outra, veñen desenvolvendo tamén enfoques históricos posestruturalistas máis baseados na análise de discursos e representacións, do corpo, a construción da dicotomía feminidade/masculinidade e a subxectividade ou a produción de saberes e ciencia. Novos campos emerxentes na actualidade son os estudos sobre a sexualidade (orientacións sexuais, historia queer) as prácticas de sociabilidade (amizade, lecer) ou a historia das emocións ou sentimentos. Estas áreas de investigación situaríanse dentro do que tradicionalmente se chamou historia cultural.

Mulleres tibetanas rezando na porta da casa.

A historia das mulleres ou do xénero non son dúas ramas segregadas posto que o obxectivo da tarefa investigadora é común: desentrañar as razóns históricas das desigualdades e dicotomías sexo/xénero e o funcionamento do patriarcado como réxime opresivo. Como outras áreas dentro dos Estudos das mulleres ou de xénero a metodoloxía de investigación é interdisciplinar, tomando enfoques da teoría feminista, a crítica literaria, a historia cultural, a socioloxía ou a antropoloxía críticas e feminista.[8]

No século XXI, as investigadoras analizan as mulleres en situacións ominosas do pasado, do máis afastado e tamén do recente, a construción da cidadanía e a lexitimación e igualación da filiación, o significado do asociacionismo feminino.[9]

Presidenta fundadora do primeiro colexio de mulleres no estado de Durango. Loita pola igualdade de xénero e pola actualización xurídica.

Notas editar

  1. "Libros sobre Historia de las Mujeres" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2017. 
  2. "Bibliografía de Dora Barrancos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de maio de 2017. 
  3. "Librería sobre la temática en Argentina" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2017. 
  4. Padilla, Begonya Pozo, Carles (2020-02-05). "Criptogínia: una paraula nova per a un fenomen antic". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-01-09. 
  5. "Bibliografía sobre violencia de género" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2017. Consultado o 12 de maio de 2017. 
  6. "Bibliografía sobre género." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de maio de 2017. 
  7. "Joan Scott y la categoría "género"." (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2017. 
  8. Sojourner, Truth; Wells, Ida; Hill Collins, Patricia; Davis, Angela; Stack, Carol; Carby, Hazel; Parmar, Pratibha; Ifekwunigwe, Jayne (2012). "Feminismos negros. Una antología" (PDF) (en castelán). Traficante de sueños. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  9. [1] Arquivado 31 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. ««HISTORIA, HISTORIOGRAFÍA Y GÉNERO. NOTAS PARA LA MEMORIA DE SUS VÍNCULOS EN LA ARGENTINA»» Arquivado 31 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (PDF). p. 53. Consultado o 05/05/2017.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Pallarés, Mª Carmen (2003): A vida das mulleres na Galicia Medieval (1100-1500). Santiago de Compostela.