Hiparco de Atenas

Hiparco (gr.: Ἱππάρχος), nado en Atenas e finado na mesma cidade en -514, foi un dos Pisistrátidas e tirano de Atenas.

Infotaula de personaHiparco de Atenas

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἵππαρχος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte514 a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisPisístrato Editar o valor em Wikidata  e Hippias' and Hipparchus' mother (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHipias de Atenas e Hegesistratus of Sigeum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo máis novo de Pisístrato, Hiparco subiu ao poder xunto co seu irmán Hipias tras o falecemento do pai. Pouco se sabe da vida de Hiparco, pero segundo Tucídides, non era máis que un "fantoche" e o verdadeiro poder sustentábao o seu irmán Hipias. Mecenas dos artistas, Hiparco protexeu aos poetas Simónides de Ceos, Laso de Hermíone e Anacreonte, fixo construír unha importante biblioteca, apoiou os cultos mistéricos de Eleusis, e mandou recompilar os poemas de Homero[1].

En -514, foi asasinado polos tiranicidas Harmodio e Aristoxitón. Segundo Heródoto e Tucidides, Harmodio rexeitaría as propostas amorosas de Hiparco. Outras fontes sinalan que Hiparco impediu que a irmá de Harmodio participase na procesión das canéforas nas Panateneas, insinuando que non era virxe. Furioso, Harmodio, planeou a conxura contra Hiparco e Hipias, conxura que acabaría coa vida de Hiparco que foi apuñalado durante as Panateneas.

Ligazóns externas editar

  • Hiparco (Ἱππάρχος), diálogo ficticio tradicionalmente atribuído a Platón e contado entre os seus diálogos platónicos.
    • Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Victor Cousin; ed. en París. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
      • Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar á tradución francesa de Cousin.

Notas editar

  1. Aristotle, The Athenian Constitution, Part 18