O hipódromo[1] (do grego ιππος ,hippos= "cabalo", e δρομος, dromos = "estrada") é un recinto pechado destinado ás carreiras de cabalos.

250px.
250px.
chegada de Moonlight e Parade Ground no hipódromo de Antela.

Características editar

Adoitan ser bastante maiores en tamaño que un campo de fútbol. O interior ten, no perímetro, chanzos a modo de asento para os espectadores. O centro está formado de terra ou herba e dispón nel dun óvalo bordeando os chanzos que forman a pista. Na pista dispútanse carreiras de cabalos.

Normalmente, as pistas de terra son para carreiras de trotadores, mentres que as de herba son para carreiras de cabalos pura raza. No recinto, a xente que entra a ver as carreiras ten a posibilidade de facer apostas.

En Galicia existe o hipódromo de Antela (dentro do Centro Ecuestre de Antela), o hipódromo de Campañó e o curro da Enxa.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipódromo.

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.