Hideki Shirakawa (白川英樹?), nado o 20 de agosto de 1936 en Toquio, Xapón, é un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Infotaula de personaHideki Shirakawa

Hideki Shirakawa
Nome orixinal(ja) 白川 英樹 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1936 (87 anos)
Toquio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónInstituto Tecnolóxico de Toquio
Director de teseShū Kanbara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDesenvolvemento dos polímeros condutores.
Actividade
Campo de traballoQuímica
Ocupaciónquímico , catedrático , enxeñeiro , académico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Tsukuba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeChiyoko Shibuya
ParentesNaoko Takahashi (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Química (2000)

Traxectoria editar

Doutor en Química polo Instituto Tecnolóxico de Toquio en 1966. Ese mesmo ano ocupou a praza de profesor asociado no Instituto de Ciencias dos Materiais na Universidade de Tsukuba (Xapón). Desde 1982 é profesor numerario desa mesma institución, aínda que actualmente coa cátedra de profesor emérito.

Ademais, é parente de Naoko Takahashi, a gañadora do ouro do maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

Investigacións científicas editar

As súas investigacións no campo dos polímeros, especialmente do acetileno, leváronlle ao descubrimento, cando ocupaba a praza de investigador asociado no laboratorio de Química do Instituto Tecnolóxico de Tokio, das propiedades condutoras deste material ao ser contaminado con trazas doutras substancias.

Os descubrimentos de Shirakawa interesaron ao químico neozelandés Alan MacDiarmid e ao físico estadounidense Alan J. Heeger, cos que iniciou unha frutífera relación científica e investigadora que deu como resultado a publicación conxunta do artigo Síntese de polímeros orgánicos condutores da electricidade: derivados halógenos do poliacetileno (CH) n, no prestixioso Journal of Chemical Society no verán de 1977, no cal anunciaban o descubrimento do poliacetileno.

En 2000 recibiu o premio Nobel de Química, galardón que compartiu cos seus compañeiros de investigación Alan J. Heeger e Alan G. MacDiarmid, polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química
 

2000
con
Alan J. Heeger
e
Alan MacDiarmid
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless