Hiʻiaka (lúa)

(Redirección desde «Hi'iaka (lúa)»)

Hiʻiaka é a máis grande e exterior das dúas lúas do planeta anano Haumea.

Hiʻiaka
Hiʻiaka orbita Haumea
Descubrimento
Descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo, David Rabinowitz e o seu equipo.
Data do descubrimento 26 de xaneiro do 2005
Designacións
Designación MPC Haumea I Hiʻiaka
Designación alternativa (136108) 2003 EL61 I,
S/2005 (2003 EL61) 1
Características orbitais[1]
Eixo Semi-maior 49.880 ± 198 km
Excentricidade 0,0513 ± 0,0078
Período orbital 49,12 ± 0,03 días
Inclinación 126,356 ± 0,064°°
Satélite de Haumea
Características físicas
Diámetro medio ~155 km
Masa 1,79 ± 0,11 x 1019 kg[1] (0.45% de Haumea)
Densidade media (descoñecida; próxima ó 1 se o xeo é de auga)
Período de rotación sideral (descoñecido)
Oblicuidade (descoñecido)
Albedo (descoñecido)
Temperatura 32 ± 3 K
Magnitude aparente 3,3 diferenciándose do seu planeta que ten 17,3

Descubrimento e bautizo editar

Hiʻiaka foi o primeiro dos satélites descubertos ó redor de Haumea. O chamada coma unha das fillas de Haumea, Hiʻiaka, filla da que é deusa da fertilidade e patroa da Illa de Hawaii, a lúa recibiu ó principio o alcume de "Rudolph" por parte do equipo do descubrimento. Orbita ó seu planeta cada 49,12 ± 0,03 días a unha distancia de 49.880 ± 198 km, cunha excentricidade de 0,0513 ± 0,0078 e unha inclinación de 126,356 ± 0,064°. Eventos esperados para xullo do 2009 poderían aclarar e achegar datos máis precisos sobre ás órbitas e masas dos obxectos que compoñen o sistema de Haumea[1].

Tamaño e albedos editar

O albedo medido é de 5,9 ± 0,5 % que trasladado a diámetro, da coma resultado un 22 % do diámetro do seu planeta, o que vén sendo arredor 350 km, asumindo có albedo é semellante ó de Haumea. Para poñelo en perspectiva, esta lúa podería podería se-lo quinto asteroide (sen conta-los trans-neptunianos) en tamaño, despois de 1 Ceres, 2 Pallas, 4 Vesta, e 10 Hygiea, se estivese situado no cinto de asteroides, entrando así na lista de asteroides notables do Sistema Solar.

Masa editar

A masa de Hiʻiaka foi estimada en 1,79 ± 0,11 x 1019 kg[1] usando a astrometría dos telescopios Hubble e Keck e colocando 3 corpos celestes para o modelo de centro de masas do sistema de Haumea.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 D. Ragozzine, M. E. Brown Orbits And Masses Of The Satellites Of The Dwarf Planet Haumea = 2003 EL61, To appear in The Astronomical Journal (2009) Preprint on arXiv

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar