Het Wilhelmus

himno nacional dos Países Baixos

Het Wilhelmus ( en galego: O Guillerme) é o himno dos Países Baixos e o himno nacional máis antigo do mundo[1] aínda que a letra do himno xaponés Kimi Ga Yo (non a música) data do século IX.[2] Aínda que non foi recoñecido como oficial até 1932, sempre foi unha canción moi popular entre os neerlandeses.

Het Wilhelmus
En galego: O Guillerme
Himno dePaíses Baixos Países Baixos
LetraDescoñecido
MúsicaAdrianus Valerius
Adoptado1932
1954 (Antillas Neerlandesas)
Mostra da música
noicon

Ao igual que moitos himnos, a orixe do Het Wilhelmus foi na loita da nación para acadar a súa independencia. A letra fala de Guillerme de Orange, a súa vida e porque loitou polo pobo neerlandés. Como resultado disto o himno está escrito como se fose cantado por el mesmo.

Letra editar

Orixinal en neerlandés

Wilhelmus van Nassouwe
ben ik, van Duitsen bloed,
den vaderland getrouwe
blijf ik tot in den dood.
Een Prinse van Oranje
ben ik, vrij, onverveerd,
den Koning van Hispanje
heb ik altijd geëerd.
Mijn schild ende betrouwen
zijt Gij, o God mijn Heer,
op U zo wil ik bouwen,
Verlaat mij nimmermeer.
Dat ik doch vroom mag blijven,
uw dienaar t'aller stond,
de tirannie verdrijven
die mij mijn hart doorwondt.

Tradución ao galego

Guillerme de Nassau
son de sangue neerlandesa,
leal á miña patria
serei até morrer.
Un príncipe de Orange
eu son, ceibe e sen medo,
ao Rei de España
sempre honrei.
Meu escudo e lealdade
es Ti, Deus noso señor,
es Ti a quen quero contar,
nunca me volvas deixar.
Que poida seguir sendo valente,
por sempre o teu servente,
derrotar á tiranía
que apuñala meu corazón.

Estrutura editar

Versión coral do himno

A letra está composta de 15 estrofas. A primeira letra de cada estrofa na súa versión orixinal en lingua neerlandesa antiga, representan un acrónimo que forma o nome 'Willem van Nassov' (Nassov era unha variante ortográfica para Nassau). En neerlandés moderno, as primeiras letras das estrofas 12 e 13 comezan con Z no canto de S, resultando en 'Willem van Nazzov'.

Notas editar

Ligazóns externas editar

Gravacións editar