Véxase tamén: Hespérides (A-33).

As Hespérides (ou Hesperia) son as deidades gregas do solpor e do ocaso do Sol.

O xardín das Hespérides de Frederic Leighton (1892).

Xenealoxía editar

Segundo a narración alternativa poden ser fillas de:

En xeral, considéranse irmás de Némese, as Moiras e Eris, e mesmo de Éter, Hémera, Hipnos, Xeras, Estixia, Caronte e Tánatos por parte de Érebo ou de Equidna, as Gorgonas, as Greias, Ladón e as sereas por parte de Ceto.

Nomes editar

Segundo os autores, o seu número pode ser variable:

  • tres para Hesíodo (Teogonía): Aigle, Eritheia (a vermella) e Hesperetusa
  • catro para Pseudo-Apolodoro (Scholia on): as dúas primeiras e Hesperia e Aretusa
  • catro para Fulxencio: Aigle, Hesperia, Medusa e Aretusa
  • tres para Apolonio de Rodas: Aigle, Eritheia e Hesperia
  • tres para Hixinio (Fabulae): Aigle, Hesperia e Aerica
  • catro nun vaso pintado: Asterope, Chrisothemis, Hixieia e Lipara
  • sete para outro: Aiopis, Antheia, Donakis, Calipso, Mermesa, Nelisa e Tara
  • tres para un pixe: Hipólita, Mepsaura e Tetis
  • sete para Petrus Apianus: Aegle, Erithea, Aretusa, Hestia, Hespera, Hesperusa e Hespereia

Na mitoloxía editar

As Hespérides vivían nun xardín coa árbore de Xea, que daba un froito que outorgaba a inmortalidade. Heracles, no duodécimo dos seus doce traballos, recibiu como encomenda a de roubar unha desas mazás douradas, pero o xardín estaba gardado por Ladón, un dragón de cen cabezas (ou unha serpe) posto por Hera como protección.

De camiño ó xardín Heracles liberou a Prometeo do seu castigo e, debido á oposición de Océano e de Tritón, obrigou a Helios a que lle emprestara a súa copa dourada para cruzar o mar.

Segundo algúns relatos, o dragón foi morto por Atlas, por petición súa, mentres Heracles sustentaba o mundo nos ombros durante o traballo.

Noutra narración, Perseo obrigou as greias a confesar onde vivían as Hespérides, pois Atenea díxolle que elas lle darían armas para vencer á gorgona Medusa. Así Perseo atopou as ninfas, das que obtería un zurrón máxico (kibisis) para conter a cabeza da Medusa sen perigo. Posteriormente, Hipomenes usará as mazás douradas do xardín para gañar e conquistar a Atalanta.

Na cultura popular editar

 
A constelación de Hércules.
 
O buque BIO Hespérides (A-33).

Na constelación de Hércules, o heroe aparece esmagando o monstro, que está tamén representado na constelación de Draco.

O significado de Hespérides xa estaba asociado para os gregos e latinos có do lugar que está ó occidente, ó ocaso, ó poñente[1], pois xa a raíz grega está relacionada con palabras como oeste (west) ou véspera. Debido a isto, houbo lugares que se denominaron Hespérides simplemente por estar ó occidente e/ou ser frutíferos e paradisíacos: a Península Itálica para os gregos, a Península Ibérica (Tartessos) para os latinos, ou a illa de El Hierro.

Outros mitos alternativos identifican o seu xardín con Lixus, onde Heracles derrotaría a Anteo, fundador de Tánxer, ou co lugar do reino de Hades onde residían os heroes bendicidos, as Illas Afortunadas ou Illas da Bendición. Tamén se di que formaba parte da pentápole libia xunto con Teucheira, Barca, Cirene e o seu porto Apolonia. Nótese tamén que unha das illas Hespérides onde vivía Xerión era Eritia (supostamente Cádiz e cun dos nomes das Hespérides: Eritheia).

Dado que o froito do xardín das Hespérides era unha mazá, asociouse o xardín das Hespérides co Edén da Biblia. Outra asociación é que as mazás son as estrelas do firmamento.

Na ciencia e literatura editar

Debido a isto, hespérico se usa en xeoloxía para certas formacións e períodos relacionados coa formación da Península Ibérica. O macizo hespérico, xurdido coa oroxénese herciniana na Era Primaria que creou a Meseta Central, erosionouse na Secundaria, alterou os seus bordos na Terciaria (pola oroxénese alpina que produciu o choque da placa africana contra a europea, creando o Macizo Galaico e as montañas de Galicia, a Cordilleira Cantábrica ou Serra Morena) e sufriu sedimentación na Cuaternaria. O seu mapa xeolóxico foi feito por Isidro Parga Pondal da Area de Xeoloxía e Minería do Seminario de Estudos Galegos en 1983.

Do mesmo xeito, o termo se aplica no planeta Marte, onde formacións como o lago de Chryse Planitia ou a súa drenaxe por Ares Vallis, a maior parte dos cráteres de Syrtis Major Planum ou o remodelamento de Acidalia Planitia se darían na chamada idade hespérica ou época hesperiana.

A denominación das deusas deulle nome ó buque oceanográfico militar español, o Hespérides (A-33), protagonista da Expedición Malaspina (2010-2011). Tamén serviu para chamar un xénero de bolboretas (Hesperis) e a familia que as comprende (Hespéridos), debido ós seus costumes crepusculares e nocturnos. Do mesmo xeito, unha especie vexetal (sinónimo parcial de Matthiola, o xénero alelí mariño) ten o mesmo nome xenérico.

Os Hespéridas foi un dos títulos provisionais do poema de Eduardo Pondal Os Eoas. Hesperodia ou La Hesperoída foi o doutro, un panexírico de Jerónimo Bermúdez de Castro.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hespérico.