Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O xentilicio é «hermisendeiro».[1]

Modelo:Xeografía políticaHermisende
Imaxe

Localización
Mapa
 41°58′07″N 6°53′43″O / 41.9687, -6.8953Coordenadas: 41°58′07″N 6°53′43″O / 41.9687, -6.8953
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalHermisende Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación233 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie108,79 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude853 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Ignacio González Nieto Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49572 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE49094 Editar o valor em Wikidata

Sitio webhermisende.com Editar o valor em Wikidata

A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640, tal como as aldeas veciñas de San Ciprao e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.

Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.


Poboación editar

Hermisende posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,55% da poboación (8 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).

Evolución demográfica
2000 2010
444 313

Parroquias editar

Festas editar

  • Sagrado Corazón de Xesús: Unha semana despois do Corpus Christi.
  • Festas en honor da Virxe da Asunción e San Roque: 15 e 16 de agosto.
  • Tradicional volta á vila e carreira popular: 14 de agosto.
  • Magosto: Na ponte de Todos os Santos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar