Hermipe (en grego Ερμίππη) ou tamén coñecida coma Xúpiter XXX, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii dirixidos por Scott S. Sheppard o 9 de decembro de 2001 [1], recibindo a designación provisional de S/2001 J 3.[2][3]

Características editar

Hermipe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 21,182 millóns de kms, tarda 629,809 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2290.

Recibiu oficialmente o seu nome actual en agosto do ano 2003, na mitoloxía grega, Hermipe era unha das amantes de Zeus (Xúpiter).[4]

Hermipe pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de kms, con inclinacións duns 150°

Notas editar

  1. "Hermippe en Solar System Exploration da NASA". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  2. IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
  3. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  4. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar