Herminio Masantonio

futbolista arxentino

Herminio Masantonio, nado o 5 de agosto de 1910 en Ensenada (Provincia de Buenos Aires) e finado en Buenos Aires o 11 de setembro de 1956, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.

Herminio Masantonio
Información persoal
Nome Herminio Masantonio
Nacemento 5 de agosto de 1910
Lugar de nacemento Ensenada
Falecemento 11 de setembro de 1956
Lugar de falecemento Buenos Aires
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Club Sportivo Villa Albino
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1931–1943 / 1945 CA Huracán 349 (254)
1943 Uruguai Defensor Sporting 11 (3)
1944 CA Banfield 7 (2)
Total 367 (259)
Selección nacional
1935–1942 Arxentina 19 (21)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Ostenta a mellor media anotadora da selección de fútbol da Arxentina con 1,10 goles por encontro, tamén é o terceiro máximo anotador da historia do fútbol arxentino, o primeiro da historia do CA Huracán e o 92º do mundo.

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira futbolística co comezo do profesionalismo na Arxentina en 1931 no CA Huracán, equipo no que xogou doce anos. Tamén xogou no Uruguai no Defensor Sporting e no CA Banfield de novo na Arxentina, onde compartiu dianteira con Armando Farro e Jorge Alcalde.

Retirouse en 1945 despois de 259 goles en 367 encontros na máxima categoría arxentina.

Palmarés editar

  • Máximo goleador da Copa América (2): 1939 e 1942.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar