Hermenerico

Rei suevo de Galiza

Hermenerico (en latín: Hermenericus, Herminericus ou Hermanaricus) foi rei do Reino suevo de Galicia documentado por Antonio de Yepes, que, en principio, tería gobernado o reino de Galiza no 485[1] durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves no 469. Neste período os suevos eran maioritariamente cristiáns arianos, Hermenerico era presuntamente destrutor de igrexas e un perseguidor de cristiáns católicos.

Hermenerico
Nacementoséculo Vxuliano
Falecementoséculo Vxuliano
Lugar de falecementoMérida
NacionalidadeReino Suevo e Reino de Galicia
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Tivo que reinar antes do ano 485 cando xa documentalmente se coñece o reinado de Veremundo. A falta de diversidade de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo e incluso da súa real existencia.

Predecesor:
Remismundo ou Requiario II
Últimos coñecidos
Rei de Galicia
Cara ao ano 485
Sucesor:
Veremundo ou Riciliano
Seguintes coñecidos

Notas editar

  1. "IDENTITY AND INTERACTION: The Suevi and the Hispano-Romans". scribd (en inglés). Archived from the original on 07 de novembro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Da escuridade ao esplendor. A nova monarquía sueva entre 469 e 570.
(Nós Diario, 07.09.2022)

Bibliografía editar

  • López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.