Hermann Möller

lingüista danés

Hermann Möller, ou Møller, nado en Hjerpsted o 13 de xaneiro de 1850 e morto en Copenhaguen o 5 de outubro de 1923, foi un lingüista e filólogo dinamarqués estudoso do indoeuropeo que deu contribucións fundamentais ao desenvolvemento da teoría das laringais e estivo entre os primeiros que postularon a existencia dunha ligazón xenética entre as linguas indoeuropeas e as linguas semíticas.

Infotaula de personaHermann Möller

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Hjerpsted, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 1923 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLinguas indoeuropeas e linguas semíticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , filólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kiel (pt) Traducir
Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado na parroquia danesa de Hjerpsted, preto de Tønder na Frisia setentrional, en 1864 Möller convértese en súbdito alemán tras a Segunda guerra de Schleswig; rematou os seus estudos superiores en Alemaña. En 1883 comezou a aprender filoloxía xermánica na Universidade de Copenhague, cargo que mantivo durante trinta e cinco anos[1].

Os seus estudos editar

En Das altenglische Volksepos in der ursprünglichen strophischen Form ("A épica popular en inglés antigo na súa forma métrica orixinal", 1883) sostén que orixinariamente o Beowulf tivera un esquema métrico fixo, que terían corrompido outros poetas[1].

A principal obra de Möller, Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch ("Dicionario comparativo indoeuropeo-semítico"), publicouse en 1911; nela o lingüista propuxo a súa teoría, segundo a que as familias lingüísticas indoeuropea e semítica estarían relacionadas filoxeneticamente; tal formulación da hipótese non ten atopado o consenso da comunidade científica dos indoeuropeístas, malia que o problema da correlación entre indoeuropeo e semítico permaneceu como obxecto de debate dentro da máis ampla teoría nostrática. na súa época, porén, a proposta de Möller recolleu o consenso de importantes lingüistas como Holger Pedersen[2] e Louis Trolle Hjelmslev, segundo o cal, «que existe unha relación xenética entre indoeuropeo e camito-semítico foi demostrado no detalle polo lingïsta danés Hermann Möller»[3]; as súas investigacións neste ámbito foron continuadas polo francés Albert Cuny e, máis recentemente,polo estadounidense Saul Levin.

A Möller débeselle tamén unha nova versión da teoría das laringais que fora lanzada como hipótese por Ferdinand de Saussure en 1878; o lingüista danés expuxo a súa teoría en Die semitisch-vorindogermanischen laryngalen Konsonanten ('As consoantes laringais semito-protoindoeuropeas', 1917). Segundo Möller, a presenza de fonemas laringais no indoeuropeo confirmaba o seu parentesco co semítico, caracterizado pola frecuaencia de tales sons; tal postulado non foi acollido - polo menos non na formulación orixinaria - pola indoeuropeística, malia ter a existencia de laringais indoeuropeas atopado amplo consenso.[Cómpre referencia]

Obras editar

Ensaios editar

  • (en alemán) Das altenglische Volksepos in der ursprünglichen strophischen Form, Kiel-Lipsia, Lipsius & Tischer, 1883.
  • (en alemán) Zur althochdeutschen Allitterationspoesie, Kiel-Lipsia, Lipsius & Tischer, 1888.
  • (en alemán) Semitisch und Indogermanisch. Teil l. Konsonanten [opera incompiuta, vol. I], Copenaghen, H. Hagerup, 1906. Agora en: Semitisch und Indogermanisch. Teil l. Konsonanten, Hildesheim-Nova York, Georg Olms, 1978 ISBN 3-487-06669-6.
  • (en dinamarqués) Indoeuropaeisk-semitisk sammenlignende glossarium, Copenaghen, Trykt i Universitetsbogtrykkeriet, 1909.
  • (en alemán) Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch, Gottinga, Vandenhoeck & Ruprecht, 1911. Agora en: Vergleichendes indogermanisch-semitisches Wörterbuch [1970], Gottinga, Vandenhoeck & Ruprecht, 1997 ISBN 3-525-26115-2.
  • (en alemán) Die semitisch-vorindogermanischen laryngalen Konsonanten, Copenhague, Andr. Fred. Høst., 1917.

Escritos varios editar

  • (en dinamarqués) Den Ældre Edda, 2 vol., Copenhague, Steen, 1870
  • (en italiano) (?) La preposizione tedesca gegen, Bologna, Tip. Gamberini e Parmeggiani, 1915.
  • (en italiano) (?) Sul problema della parentela delle lingue: Lettere ad A. Meillet, Bologna, Tip. Gamberini e Parmeggiani, 1915.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Philip Pulsiano; Elaine M. Treharne, A Companion to Anglo-Saxon Literature, p. 447
  2. Holger Pedersen, Sprogvidenskaben i det Nittende Aarhundrede. Metoder og Resultater.
  3. Louis Trolle Hjelmslev, Die Sprache: eine Einführung; trad. inglesa Language. An Introduction, Madison, University of Wisconsin Press, 1970, p. 79.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • HJELMSLEV, Louis Trolle (1968): Die Sprache: eine Einführung. Wissenschaftliche Buchgesellschaft. (en alemán).
  • PEDERSEN, Holger (1924): Sprogvidenskaben i det Nittende Aarhundrede. Metoder og Resultater. Gyldendalske Boghandel. Copenhague. (en danés).
  • PULSIANO, Philip e TREHARNE, Elaine M. (2001): A Companion to Anglo-Saxon Literature. Blackwell. Oxford. ISBN 0-631-20904-2 (en inglés).
  • VILLAR, Francisco (1991): Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia. Gredos. Madrid. ISBN 84-249-1471-6 (en castelán).
  • WATKINS, Calvert (1995): “El proto-indoeuropeo” en RAMAT, Anna Giacalone e RAMAT, Paolo eds.: Las lenguas indoeuropeas. Cátedra. Madrid. ISBN 84-376-1348-5.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar