Herba gateira

especie de planta

A herba gateira[1], (Nepeta cataria) é unha planta natural de Europa que medra en terreos ermos, noiro, sebes, terrapléns e en ruínas de casas vellas. Tamén medra brava en Asia occidental e América do Norte.

O nome do seu xénero Nepeta provén do latín nepa que significa "escorpión", dada a antiga crenza de que esta planta sandaba a pezoña dos escorpións.

Descrición editar

É unha planta perenne con talo agrisado, viluda e ramificada que acada 20–60 cm de altura. Tien follas opostas, pecioladas, cordadas, con bordos dentados e peludas polo envés. As flores numerosas son de cor amarelenta e rosada manchadas de púrpura, agrupándose nunha espiga laxa pedunculada. A planta bota un forte cheiro a menta que atrae aos gatos (de aí o seu nome común).

Efecto nos gatos editar

 
Un gato a amosar os efectos da gateira.

Aos gatos fáiselles irresistíbel esta planta. Comen as súas flores, cheiran, mastigan e se fretan nas súas follas e volven unha e outra vez por unha dose do seu embriagador recendo. Os óleos aromáticos fan que os gatos despois de inxerila fagan nun principio brindeiras, mais a medida que aumentan os efectos do aceite, o seu comportamento faise máis estraño. Comezan a rodar sobre si mesmos coma se estivesen en éxtase, cazan ratos imaxinarios etc.[2]

Non todos os gatos se estimulan no mesmo grao, e un terzo deles non responderá. Esta diferenza de resposta seica é debido a factores medioambientais, xenéticos, e o sexo do gato (atrae especialmente as femias, mais tamén aos machos e machos castrados). Aínda non se coñece o risco xenético que produce esa atracción. O ingrediente activo da herba gateira é a nepetalactona, substancia quimicamente relacionada cun composto semellante que se atopa non seus ouriños.[3]

Propiedades editar

A infusión e decocción de follas e flores úsase oralmente para o tratamento de afeccións gastrointestinais (cólico, diarrea, flatulencia, indixestión),[4][5][6] nerviosas (histeria, insomnio, nerviosidade, neuralxia, neurastenia, pesadelos)[7] e respiratorias (bronquite, catarreiras, influenza, arrefriado, tuberculose),[4][5][8][9] amenorrea,[10] anemia, fraqueza, dor de testa, escarlatina, febre, hidropisía,[7][11] e cancro.[12]
O zume de follas úsase para baixar a menstruación.[11] En ungüento úsase para hemorroides.[10] As follas mastigadas úsanse para calmar a dor de moas.[6] Fumadas para afeccións respiratorias e inducir estados levemente hipnóticos.[13] En enema para as convulsións, dispepsia, disuria, histeria,[11] e cólico infantil.[10] O emplasto das follas úsase para suavizar calos[11] e tratar diversas formas de cancro.[12]
Atribúeselle propiedade afrodisíaca, recendente, carminativa, diaforética, dixestiva, emenagoga, espasmolítica, estimulante, estomáquica, pectoral, refrixerante, sedante, soporífera, sudorífera e tónica.[11]

Sinonimia editar

  • Cataria vulgaris Gaterau, Descr. Pl. Montauban: 105 (1789).
  • Glechoma cataria (L.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891).
  • Nepeta minor Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768).
  • Nepeta vulgaris Lam., Fl. Franç. 2: 398 (1779).
  • Cataria tomentosa Gilib., Fl. Lit. Inch. 1: 78 (1782), opus utique oppr.
  • Nepeta americana Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789), nom. illeg.
  • Nepeta tomentosa (Gilib.) Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789).
  • Nepeta mollis Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 78 (1796).
  • Nepeta macrura Ledeb. ex Spreng., Syst. Veg. 2: 729 (1825).
  • Nepeta citriodora Dumort., Fl. Belg.: 47 (1827).
  • Nepeta ruderalis Boiss., Fl. Orient. 4: 643 (1879), nom. illeg.
  • Glechoma macrura (Ledeb. ex Spreng.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891).
  • Calamintha albiflora Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 181 (1904).
  • Nepeta bodinieri Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 172 (1904).
  • Nepeta laurentii Sennen, Bol. Soc. Ibér. Ci. Nat. 32: 20 (1933 publ. 1934).[14]

Nome común editar

Notas editar

  1. Nome galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. Rodríguez, Héctor (25 de febreiro de 2020). "Nébeda, la droga de los gatos" (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  3. Samorini, Giorgio (2003). Animales que se drogan (en castelán). Barcelona: La Cañamería Global S.L. pp. 29–34. ISBN 84-931026-6-0. 
  4. 4,0 4,1 (Krochmal A. Krochmal C.), 1973. Páx. 157.
  5. 5,0 5,1 (Schaunberg P. Paris F.), 1972. Pág. 294.
  6. 6,0 6,1 (Foster S. Duke JA.), 1990. Páx. 70.
  7. 7,0 7,1 (Cecchini T.), 1978. Páx. 232.
  8. (Ody P.), 1993. Páx. 134.
  9. (Lewis WH. Elvin-Lewis MPF.), 1977. Páx. 307.
  10. 10,0 10,1 10,2 (Potterton D.), 1983. Culpeper's Color Herbal. Páx. 39.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 (Duke JA.), 1985. Handbook of Medicinal Herbs. Páx. 325.
  12. 12,0 12,1 (Hartwell JL.), 1982. Páx.268.
  13. (Emboden W.), 1979. Narcotics Plants. Pág. 6.
  14. "Herba gateira". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  15. Nomes vulgares galegos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; a través de Buscatermos da USC.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar