Herba becerra

especie de planta
Herba becerra

Planta nun muro de cachotes en Thasos, Grecia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Plantaginaceae[1]
Subfamilia: Antirrhinoideae
Tribo: Antirrhineae
Xénero: Antirrhinum
Especie: Antirrhinum majus

A herba becerra ou herba do can[2] Antirrhinum majus é unha especie de planta da familia das plantaxináceas de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica,[3] nativa do Mediterráneo, desde Marrocos, Portugal e sur de Francia, até o leste de Turquía e Siria.[4][5]

Descrición editar

Planta bienal até perenne, de 1,5–2 m de altura, coa base algo leñosa, máis ou menos ramificada, ascendente até recta, desigualmente vilosa e glandulosa. Follas inferiores opostas, as superiores alternas, lineares, de 1–7 cm de longo e 1–25 mm de ancho, sésiles, de marxes enteiras, de base acuñada. Inflorescencias en acios terminais. Cáliz de até 8 mm de longo, con sépalos de igual lonxitude, oblongos até largos. Corola vermello púrpura, de até case 5 cm de longo, cun labio superior bilobado e un inferior dividido en tres partes. Tubo corolino pechado por 2 prominencias avultadas. 4 estames no tubo corolino. Cápsula de até 14 mm de longo, gladulosa até glabra, oblonga, con tres poros.

Hábitat editar

Pedregueiras, rochedos, paredes, pendentes pedrentas.

Distribución editar

Mediterráneo de España até Turquía e Siria. Cultivada e moi estendida.

 
Antirrhinum majus subsp. linkianum.
 
Ilustración
 
Detalle da flor
 
Nun selo postal de Rusia
 
Inflorescencia
 
Cultivar

Cultivo e usos editar

As diversas especies son plantadas en xardíns polas súas flores. É tratada como planta anual, especialmente en zonas frías onde non sobrevive ao inverno. Numerosos cultivares están dispoñíbeis, incluíndo plantas con flores de cor lavanda, laranxa, rosa, amarela, ou brancas, e tamén cunha floración simétrica.[6]

Propiedades editar

Principios activos: contén mucilaxes, ácido gálico, resinas, pectina, rinantina, amargos.[7]

Indicacións: é emoliente tópico. Antifloxístico, resolvente. Adstrinxente, detersivo, antiescorbútico, hepático, diurético. É eficaz contra as inflamacións, úsase para as almorrás. Utilizouse en gargarexos contra ulceraciones da cavidade bucal. Internamente en colite e pirose. Externamente, como cataplasmas, sobre os eritemas.[7]

Estudos no desenvolvemento da simetría bilateral editar

O desenvolvemento da monosimetría floral foi investigado mediante o uso de xenética molecular e un dos modelos máis usados neste eido foi a herba becerra (xénero Antirrhinum). Como primeiro modelo foi usada a especie Antirrhinum majus. En termos adaptativos a monosimetría semella evolucionar varias veces de forma independente a partir da simetría radial debido a que é un sistema exitoso en relación ao gran potencial para a precisión dos mecanismos de polinización por animais.[8]

Taxonomía editar

Antirrhinum majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 617. 1753.[9]

Etimoloxía

Antirrhinum: nome xenérico que deriva do grego anti = "como," e rhinon = "nariz," por mor de que as flores semellan teren un nariz.[10]

majus: epíteto latino que significa "maior".[11]

Subespecies

Hai 5 subespecies:[4][5]

  • Antirrhinum majus subsp. majus. Sur de Francia, nordés de España
  • Antirrhinum majus subsp. cirrhigerum (Ficalho) Franco. Sur de Portugal, suroeste de España
  • Antirrhinum majus subsp. linkianum (Boiss. & Reut.) Rothm. Oeste de Portugal (endémica)
  • Antirrhinum majus subsp. litigiosum (Pau) Rothm. Sueste de España aínda que tamén se atoparon no oeste do mesmo país.
  • Antirrhinum majus subsp. tortuosum (Bosc) Rouy
Sinonimia
  • Antirrhinum grandiflorum Stokes
  • Antirrhinum hispanorum Bordère ex Rothm.
  • Antirrhinum latifolium var. purpurascens Benth.
  • Antirrhinum majus var. ongipedunculatum Regel
  • Antirrhinum majus var. peloria Migout
  • Antirrhinum majus var. pseudoma jus.
  • Antirrhinum murale Salisb.
  • Antirrhinum vulgare Bubani[12]

Notas editar

  1. Oyama, R. K., & Baum, D. A. (2004). Phylogenetic relationships of North American Antirrhinum (Veronicaceae) Arquivado 25 de abril de 2010 en Wayback Machine.. American Journal of Botany 91: 918-925
  2. Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para herba.
  4. 4,0 4,1 Flora Europaea: Antirrhinum majus
  5. 5,0 5,1 Germplasm Resources Information Network: Antirrhinum majus Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  6. Huxley, A, ed. (1992).
  7. 7,0 7,1 "Antirrhinum majus". Plantas útiles: Linné. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009. 
  8. ALMEIDA & GALEGO, 2005
  9. "Herba becerra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  10. En Nomes botánicos
  11. En Epítetos Botánicos
  12. "Plant List". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar