Henry Aldrich, nado en 1647 e finado en Oxford (Inglaterra), o 14 de decembro de 1710, foi un teólogo, filósofo, arquitecto e compositor inglés do Barroco.

Infotaula de personaHenry Aldrich

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1647 Editar o valor em Wikidata
Westminster Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 1710 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Oxford Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Oxford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deão (pt) Traducir catedral de Oxford (pt) Traducir
1689 – 1710 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeInglaterra Editar o valor em Wikidata
EducaciónChrist Church College
Westminster School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, filosofía, teoloxía e música Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Oxford (1662–1710) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , compositor , teólogo , filósofo , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 64085d54-0e1e-4ca5-b605-089a0cef8158 Discogs: 4127768 Editar o valor em Wikidata

Vida editar

Dos primeiros anos coñecemos que Aldrich se formou con Richard Busby na escola de Westminster[1]. En 1662 entrou na Christ Church (a "Igrexa de Cristo", coñecida tamén simplemente como The House), en Oxford, da que chegou a ser deán en 1689, sucedendo o católico John Massey, quen fuxira ao Continente.[2][3] Entre 1692 e 1695 exerceu como reitor (vice-chancellor) da Universidade de Oxford.[4] En 1702, foi nomeado reitor eclesiástico de Wem, en Shropshire, aínda que continuou residindo en Oxford, onde morreu o 14 de decembro de 1710.[5] O seu corpo foi enterrado na catedral de Oxford (Christ Church Catedral), onde, atendendo ao seu propio desexo, non hai monumento conmemorativo ningún.

Obras editar

 
Folla autografada dunha partitura de Give ear, O Lord por Aldrich, de Aldrich.
 
Peckwater Quadrangle da Christ Church, en Oxford. Construído a partir dun deseño de Henry Aldrich.

Henry Aldrich era un home dotado duns dons infrecuentemente diversos. Estudoso dos clásicos, é máis coñecido como autor dun pequeno libro de lóxica (Artis Logicæ Compendium).[6] Malia non ser un innovador no terreo de lóxica (segue estritamente as Summulae Logicales, de Peter of Spain), o uso da súa obra polas sucesivas promocións de estudantes de Oxford amosou a súa notable capacidade de síntese e o seu grande valor didáctico. De feito, o Compendium seguiu a utilizarse en Oxford (na edición revisada de Mansel) ata a segunda metade do século XIX.

Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables[7], e adaptou moita da música de Palestrina e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon Hark, the bonny Christ Church bells.

Entre as súas habilidades destacou tamén a arquitectura. Proba disto son os seus deseños para a igrexa de Todos os Santos (All Saints Church) e, en concreto, do seu campanario, en Oxford, así como de tres dos lados do coñecido como Peckwater Quadrangle, da igrexa de Cristo (Christ Church)[8].

Outras mostras do seu polifacético enxeño son, por exemplo, unha versión humorística en latín dunha balada moi popular no seu tempo, titulada A soldier and a sailor, A tinker and a tailor ("Un soldado, un mariñeiro, un caldeireiro e un xastre"), así como un epigrama acerca das cinco razóns para beber: Si bene quid memini, causae sunt quinque bibendi; / Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, / Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").

Notas editar

  1. Biografía de Henry Aldrich. En PoemHunter.com
  2. Salter, H. e Lobel, M. Ed."Christ Church". A History of the Country of Oxford. Volume 3. 1954. Páxinas 228-238.
  3. Horn, Joyce M., ed. (1996). "Deáns de "Christ Church", Oxford". Fasti Ecclesiae Anglicanae 1541–1857. Volume 8: Bristol, Gloucester, Oxford and Peterborough dioceses. Institute of Historical Research. pp. 80–83. 
  4. "Previous Vice-Chancellors". University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril de 2016. 
  5. Randel, Don Michael, ed. (1996). "Aldrich, Henry". The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard Univ. Press. pp. 12–13. ISBN 0-674-37299-9. 
  6. Aldrich, Henry (1750). Artis logicæ compendium. Oxford University. p. 147. 
  7. Catálogo de composicións de Henry Aldrich. En AllMusic.com
  8. Traballos de Henry Aldrich. En PoemHunter.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). Aldrich, Henry. En Encyclopædia Britannica (11ª edición). Cambridge University Press.
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., "Henry Aldrich", MacTutor History of Mathematics archive. University of Saint Andrews .

Ligazóns externas editar