Henrique Guedes da Silva

Henrique Guedes da Silva, nado o 6 de marzo de 1972 en Recife (Brasil) é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Catanha
Información persoal
Nome Henrique Guedes da Silva
Nacemento 6 de marzo de 1972 (52 anos)
Lugar de nacemento Recife
Altura 1.78 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1986-1991 Fluminense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991-1993 São Cristovão
1993-1995 CSA de Maceió 38 (47)
1995 Paysandu
1995-1996 Os Belenenses 14 (5)
1996-1997 UD Salamanca 13 (1)
1997-1998 CD Leganés 34 (14)
1998-2000 Málaga CF 73 (50)
2000-2004 Celta de Vigo 135 (44)
2003-2004 Cedido CF Estrela Amadora 10 (1)
2004 Krylia Sovietov 11 (1)
2005 Os Belenenses
2005 Clube Atlético Mineiro 17 (3)
2006-2008 CD Linares 69 (26)
2008-2010 Unión Estepona CF 48 (23)
2010- CSA de Maceió
Selección nacional
2000 España 3 (0)
Na rede
FIFA: 182045 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar nas categorías inferiores do Fluminense, porén ante a falta de oportunidades fichou polo São Cristovão, onde coincidiu con Vagner e Ronaldo, e despois polo CSA de Maceió, onde militou dous anos proclamándose pichichi do campionato.

Tras xogar no União São Jorge ficha polo Os Belenenses de Portugal e ao ano seguinte polo UD Salamanca, tras unha mala tempada en Salamanca é cedido ao CD Leganés, e tras un bo ano no que marca 14 goles ficha polo Málaga CF, onde pasa os seus mellores anos.

Xoga en Málaga dúas tempadas, na primeira delas proclámase pichichi de Segunda División axudando ao equipo a ascender a Primeira, e ao ano seguinte queda na segunda posición na clasificación de máximo goleador so despois de Salva Ballesta.

Estas boas actuacións fan que fiche polo Celta de Vigo por un prezo de 2300 millóns de pesetas, converténdose na fichaxe máis cara da historia do club. En Vigo comeza cuns números aceptabeis pero as súas cifras anotadoras e peso no equipo van diminuíndo ata que na tempada 2004/05 é cedido ao CF Estrela Amadora e no mercado de inverno definitivamente traspasado ao Krylia Sovietov ruso.

En Rusia non dura moito e ese mesmo ano é traspasado ao Os Belenenses, onde tampouco ten fortuna e en 2005 volve ao seu país, ao Clube Atlético Mineiro. Porén en 2006 volve a España, ao CD Linares da Segunda División B, onde xoga ata mediada a tempada 2007/08. Deixa o club a causa dos problemas económicos que o levan á disolución e ficha polo Unión Estepona CF, onde permanece ata 2010 despois de acadar o ascenso á Segunda División B.

En 2010 volve ao Brasil ao CSA de Maceió, onde seguía xogando no 2011 á idade de 40 anos.

Coa selección de fútbol editar

O seu bo papel no Málaga levouno a ser convocado coa Selección de fútbol de España en tres ocasións, debutou o 7 de outubro de 2000 ante Israel.