Henrique Alvarellos

escritor galego

Non confundir con Enrique Alvarellos, o seu pai

Henrique Alvarellos
Nacemento10 de outubro de 1968 (55 anos)
 Lugo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
PaiEnrique Alvarellos
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Hispánica
Na rede
AELG: 317
editar datos en Wikidata ]

Henrique Alvarellos Casas, nado en Lugo o 10 de outubro de 1968, é un editor e escritor galego.[1]

Traxectoria editar

Fillo de Enrique Alvarellos Iglesias e Concepción Casas Dávila, colaborou co diario El Progreso a mediados dos oitenta, facendo artigos de crítica musical. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, fixo posteriormente o máster en Medios de Comunicación da Universidade da Coruña e La Voz de Galicia en 1993. Posteriormente foi fotógrafo e redactor en La Voz de Galicia, cronista de sociedade en El Progreso, guionista de documentais para El Progreso TV, redactor do Telexornal comarcal da TVG na súa delegación de Lugo, correspondente para Galicia da revista Cambio 16, fundador e director da revista Beiramiño de Lugo, responsable de Prensa da Consellería de Obras Públicas, asesor de Comunicación do Xacobeo, de Turgalicia, redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo e columnista para a Axencia Galega de Noticias.[2][3]

Desde xuño de 2004 é o editor e director de Alvarellos Editora. Foi impulsor da apertura ao público do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 ou o 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia. [4]

Entrevista en 2016.

Obra en galego editar

Ensaio editar

Infantil editar

  • A nena que abrazaba as árbores (2020). Santiago: Alvarellos. Ilustracións de Xulia Nieto Pereira. 36 páxs. ISBN 9788416460793.

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Obras colectivas editar

  • De profesión, periodista. Homenaje a Diego Bernal (2002). Ir Indo.
  • Caminos de Santiago-Caminos de Concordia (2004). Coordinador e coautor. Xunta de Galicia.

Notas editar

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-26. 
  2. "DESCUBRIR LUGO HENRIQUE ALVARELLOS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2006-04-04. Consultado o 2023-01-26. 
  3. "Henrique Alvarellos Casas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-26. 
  4. "Henrique Alvarellos Casas". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-01-26. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-26. 
  6. "SANTIAGO, 1909". Alvarellos Editora (en castelán). Consultado o 2023-01-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar