Henri Breuil, nado en Mortain (departamento de Mancha) o 28 de febreiro de 1877 e finado en L'Isle-Adam (Val do Oise, entón Seine-et-Oise) o 14 de agosto de 1961, é universalmente coñecido como «o abade Breuil» (l'abbé Breuil), foi, ante todo, un arqueólogo da Prehistoria, ilustre polas súas contribucións na clasificacións dos artefactos líticos paleolíticos e o estudo da arte prehistórica. Foi chamado o «papa da prehistoria».

Infotaula de personaHenri Breuil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Henri Edouard Prosper Breuil Editar o valor em Wikidata
28 de febreiro de 1877 Editar o valor em Wikidata
Mortain, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
L'Isle-Adam, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBelleu Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónSorbona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , catedrático , sacerdote católico , paleontólogo , prehistoriador , arqueólogo , espeleólogo (pt) Traducir , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1929–1947)
Universidade de Friburgo, Suíza
Universidade de Bordeaux (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalMary E. Boyle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBreuil Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Breuil-4
Calcografía dun bisonte da cova de Altamira por H. Breuil.

Traxectoria editar

 
«Grattoir» - Aurignacien - Museo de Tolosa.

Ingresou no seminario de Saint Sulpice en 1895 xunto con Jean Bouyssonie (1877-1965), alí asistiu aos cursos de ciencias do abade Jean Guibert, autor dun tratado («Les Origines»: "As Orixes"), sobre as relacións entre ciencia e relixión, cuxas ensinanzas asignaban un lugar relevante ás ideas evolucionistas, naquela altura relativamente novidosa. Tivo tamén unha serie de encontros cruciais que animaron o seu interese pola nacente ciencia prehistórica: G. d’Ault du Mesnil, Louis Capitan (1854-1929) no ano 1896, E. Piette en 1897, na casa do cal puido admirar obras mestras da arte mobiliaria prehistórica, Denis Peyrony.

Ordenado sacerdote o 9 de xuño de 1900 en Saint-Sulpice, Breuil non exercería xamais como sacerdote, procurando non facerse cargo de ningunha feguesía a fin de poder consagrarse integramente ao seu labor de prehistoriador.

Desde 1905, ensinou Prehistoria na Universidade de Fribourg, e logo en París no Instituto de Paleontoloxía Humana (Institut de Paléontologie Humaine) desde (1910) e, posteriormente, no Colexio de Francia (Collège de France) entre 1929 e 1947. Foi nomeado membro do Instituto de Francia (Institut de France) en 1938.

Breuil e a arte parietal editar

En 1901, con Louis Capitan e Denis Peyrony, participou no descubrimento de dúas covas con pinturas das máis importantes da Dordoña: Combarelles e Font-de-Gaume. Comezou daquela a realizar os calcos dos gravados da primeira e das pinturas e gravados da segunda. En 1902, Émile Cartailhac convidouno a estudar as pinturas de Marsoulas e de Altamira. Desde entón participou na investigación de numerosos xacementos ornamentados, tanto en Francia (Tuc-d’Audoubert, Trois-Fréres, Rouffignac), como en España ou en Suráfrica. Foi o primeiro prehistoriador que visitou e describiu a gruta de Lascaux.

Os seus traballos posibilitaron que fose recoñecido como o primeiro especialista internacional na arte parietal prehistórica o que o levou, en 1929, a recibir unha cátedra no prestixioso Colexio de Francia, que foi creada especialmente para el. En 1935, obtivo a primeira cátedra da materia na Universidade de Bordeos.

A súa obra máis importante "Catrocentos séculos de arte parietal" (Quatre cent siècles d'art pariétal), aparecida en 1952, esboza por vez primeira un panorama conxunto da arte rupestre franco-cantábrica, tal e como se coñecía na época, o que lle outorgou autoridade mundial na materia. Este libro é o colofón de máis de 700 xornadas de estudos subterráneos. Breuil interesouse, ante todo, en sinalar e describir polo miúdo as obras paleolíticas e máis en tentar precisar a súa cronoloxía.

Breuil e a industria prehistórica editar

A súa contribución principal a respecto das industrias líticas consistiu na súa revisión da estratigrafía de referencia para o Paleolítico superior e a fixación, xa en 1906, da verdadeira posición do período Auriñaciense na cronoloxía, logo dun estudo metódico dos útiles líticos e óseos de Europa, con datos estratigráficos, efectuada desde 1905.

O seu fervor investigador levouno a interesarse por todas as formas da cultura material paleolítica, na que se confundían todos os períodos. Xunto co padre Pierre Teilhard de Chardin, daquela na China, pola década de 1930, participou nas investigacións a respecto do Sinanthropus, en Zhoukoudian.

Breuil e África editar

As súas numerosas viaxes a África facilitáronlle relacionarse con sir Ernest Oppenheimer, entón líder mundial da industria do ouro e do diamante. Puido así examinar numerosas coleccións de artefactos e publicar as primeiras obras de síntese que examinaban a Prehistoria africana.

En Suráfrica, tomou parte no desenvolvemento académico da disciplina, polo que foi elixido presidente da Asociación Arqueolóxica Surafricana (South African Archeological Society). Trabou amizade co mariscal Jan Smuts, mercé a cal obtivo os medios financeiros e loxísticos para as súas expedicións arqueolóxicas. Máis tarde, amizou co antropólogo surafricano Philip Tobias.

En 1918, o prospector e topógrafo alemán Reinhard Maack descubriu sobre dunha parede rochosa, un importante fresco rupestre, nas montañas de Brandberg (2.573 m), o máis elevado macizo orográfico de Namibia. En 1947, o abade Breuil visitou este descubrimento, cuxa representación central, denominou « dama branca » (Dame blanche).

Prácticas dubidosas editar

O labor de pioneiro de Henri Breuil foi inmenso, mesmo se aceptamos que boa parte das súas teorías e das súas interpretacións, foron botadas abaixo polas análises e polos estudos posteriores. É posíbel tamén hoxe en día, pór chatas a algúns dos seus métodos, ás veces só operativos, aos seus prexuízos sobre certos aspectos sería hoxe cualificados de racistas; os seus textos científicos estaban tinxidos de mitoloxía popular e de dubidosa omnisciencia; a súa negativa a admitir erros e máis a súa preocupación por se crear unha imaxe afalagadora para a posteridade.

Principais publicacións editar

Henri Breuil publicou máis de 800 títulos relativos á Prehistoria en xeral e a Arte prehistórica en particular, mais tamén algúns sobre Botánica ou Entomoloxía.

  • «La question aurignacienne. Étude critique de stratigraphie comparée», in Revue préhistorique, II, 1907, pp. 173–219 (A cuestión auriñaciennse: estudo crítico de estratigrafía comparada).
  • «Les subdivisions du Paléolithique supérieur et leur signification», in Cong.int. d'Anthr. et d'Arch. préhist., 1912, pp. 165–238 (As subdivisións do Peleolítico superior e a súa significación).
  • en colaboración con M. C. Burkitt, « Rocks paintings of Southern Andalusia », Oxford. 1929.
  • «Les peintures rupestres schématiques de la péninsule Ibérique», 4 vols, Lagny-sur-Marne, 1933-1935.
  • en colaboración con Hugo Obermaier, « The Cave of Altamira at Santillana del Mar (Spain)». Madrid. 1935.
  • «Découverte d'une remarquable grotte ornée, au domaine de Lascaux, Montignac (Dordogne)», in C.R. de l'Acad. des Inscr. et Belles-Lettres, séance du 11 oct. 1940, pp. 387–390 (Descuberta dunha notábel gruta ornamentada, nos dominios de Lascaux, Montignac, Dordoña).
  • Quatre cent siècles d’art pariétal: les cavernes ornées de l'âge du renne, Centre d'Études et de Documentation préhistoriques. Montignac. 1952 (Catrocentos séculos de arte parietal).
  • L'art préhistorique de la Tchéchoslovaquie, in Cahiers d'art XXXI-XXXII, París, 1956-1957.
  • en colaboración con R. Lautier, «Les hommes de la pierre ancienne». 1959 (Os homes do Paleolítico).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nicolas Skrotzky, L'abbé Breuil et la préhistoire, éd. Seghers 1964
  • Michel Brézillon, Dictionnaire de la préhistoire, éd. Larousse 1969, ISBN 2-03-075437-4
  • Marc Groenen, Pour une histoire de la préhistoire, éd. J. Millon 1994, ISBN 2-905614-93-5
  • Jean-Loïc Le Quellec, Arts rupestres et mythologie en Afrique, éd. Flammarion 2004
  • Sur les chemins de la préhistoire, l'abbé Breuil du Périgord à l'Afrique du Sud, éd. Somogy et centre d'art Jacques-Henri Lartigue
  • La fabrique de l'archéologie préhistorique africaine dans la première moitié du XXe siècle, Colloque international de Johannesburg

Ligazóns externas editar