Henri-Georges Clouzot

Henri-Georges Clouzot, nado en Niort (Deux-Sèvres) o 20 de novembro de 1907 e finado en París o 12 de xaneiro de 1977 foi un director, guionista e produtor de cinema francés.

Henri-Georges Clouzot
Nome completoHenri Georges Léon Clouzot
Nacemento20 de novembro de 1907
LugarNiort, Francia
Falecemento12 de xaneiro de 1977
LugarParís, Francia
SoterradoCemiterio de Montmartre
Nacionalidade Francia
Educado enCollège Sainte-Barbe e École Libre des Sciences Politiques
Cónxuxe(s)Véra Gibson-Amado (1950–1960)
Inès de Gonzalez (1963–1977)
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0167241 Allocine: 4768 Rottentomatoes: celebrity/henrigeorges_clouzot Allmovie: p85313 TCM: 35820
Musicbrainz: fe34d301-29f1-4bf8-90dd-d09215bad799 Find a Grave: 4344 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras rematar os seus estudos traballou de xornalista. Na década de 1930 traballou en Berlín como supervisor de dobraxes. De regreso en Francia comezou no cinema escribindo guións, para el mesmo e para outros directores.

En 1942, durante a ocupación alemá, o Ministerio de propaganda de Goebbels fundou a produtora Continental-Films, creada para substituír a produción de Hollywood. Nesta produtora debutou Clouzot como director con L'assassin habite... au 21, para logo filmar Le corbeau, filme que causou unha certa polémica, pois Clouzot recibiu críticas polo tema que trata da miseria moral dos habitantes dunha vila francesa. O filme foi acusado de colaboracionista e custoulle ao director certa marxinación no ambiente cinematográfico francés. Porén, axiña retornou á súa actividade e algúns dos seus filmes seguintes foron premiados en varios festivais. Fundou entón a súa propia produtora, Vera Films, nomeada pola súa esposa, a actriz Véra Clouzot.

Na década de 1950 dirixiu a longametraxe Le salaire de la peur, premiada nos festivais de Cannes e Berlín.

Clouzot, situado entre o primeiro cinema francés e a nouvelle vague non foi un revolucionario da linguaxe cinematográfica, pero si creou atmosferas opresivas e sórdidas e personaxes de instintos primarios e ambivalencia moral. Lera moitas novelas policíacas, especialmente pola tuberculose que o deitou na cama durante algúns anos, e estas forxaron a súa perspectiva negativa sobre a sociedade. Os seus primeiros filmes contiñas chiscos de humor que o autor eliminou nos seguintes.

Faleceu en París en 1977.

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Quintana Morraja, Angel; Henri-Georges Clouzot: Una cierta poética de maldad. Dirigido por ...: Revista de cine, ISSN 0212-7245, Nº 311, 2002 , páx. 60-72

Ligazóns externas editar