Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés Hnæf[1]. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de Finnsburg[2].

Hengest
Nacementomilenioxuliano
Falecementoc. 488
Lugar de falecementoGloucester
NacionalidadeDinamarca
EtniaXutos
Ocupaciónmonarca
PaiWihtgils
FillosOisc de Kent e Rowena
IrmánsHorsa
Na rede
WikiTree: Sachsen-73
editar datos en Wikidata ]
Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Hengest e ao seu irmán Horsa dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde.

Traxectoria editar

En Beowulf cítase a Hildeburh, a irmá do rei Hnæf e esposa de Finn de Frisia. Tanto Hnæf como o fillo de Hildeburh e Finn caeron no campo de batalla, xunto a moitos guerreiros frisóns. Non está claro o papel de Finn na disputa que o leva a ofrecer un trato desfavorábel, pero Hengest rompe ese trato, mata a Finn e leva a Hildeburh de regreso a Dinamarca[3].

Historia ecclesiastica gentis Anglorum editar

En Historia ecclesiastica gentis Anglorum (século VIII) aparece un Hengest, irmán de Horsa, caudillos dun exército formado por anglos, saxóns e xutos. Horsa morreu en batalla contra os britónse foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda. Fai unha xenealoxía dos irmáns, ambos os fillos de Wictgils fillo de Witta fillo de Woden, e que á súa vez Hengist era pai de Oeric, o cal o acompañou a Britania[4].

Crónica anglosaxoa editar

A Crónica anglosaxoa menciona a Batalla de Aylesford (455), cando Hengest combateu a Vortigern. Nesa batalla morreu o seu irmán Horsa[5].

Historia Brittonum editar

A Historia Brittonum menciona a Hengest e Horsa, a quen Vortigern permitiu asentarse co seu pobo en Thanet a cambio dos seus servizos como mercenarios para defender o reino contra os pictos. Hengest convenceu a Vortigern para que lle concedese máis terra e permitir a chegada de máis colonos, o que abriu o camiño ao asentamento xermánico na illa[6].

Notas editar

  1. Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.
  2. Hengest
  3. Beowulf, Líneas 1063–1159
  4. "Ecclesiastical History of the English Nation: Beda". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  5. Anglo-Saxon Chronicle Textos originales transcritos
  6. "Historia Brittonum en inglés". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar