Hendrik Anthony Kramers

físico neerlandés

Hendrik Anthony Kramers, tamén coñecido como Hans Kramers, nado en Rotterdam o 2 de febreiro de 1894 e finado o 24 de abril de 1952, foi un físico neerlandés que traballou xunto a Niels Bohr na investigación da interacción de ondas electromagnéticas.

Hendrik Anthony Kramers
Nome completoHendrik Anthonie Kramers
AlcumeHans Kramers
Nacemento2 de febreiro de 1894, 17 de decembro de 1894, 2 de decembro de 1894 e 1894
Lugar de nacementoRotterdam
Falecemento24 de abril de 1952 e 1952
Lugar de falecementoOegstgeest
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterUniversidade de Leiden e Universidade de Copenhague
Ocupaciónfísico teórico, físico e profesor universitario
IrmánsJohannes Hendrik Kramers
Coñecido porrelações de Kramers–Kronig, expansão de Kramers–Moya, Kramers–Heisenberg formula, Teorema de Kramers, Kramers–Wannier duality, Kramers' opacity law e Kramers' law
PremiosMedalha Lorentz e Medalha Hughes
Na rede
WikiTree: Kramers-58
editar datos en Wikidata ]

Tras case dez anos traballando no grupo de Bohr e tras converterse en profesor asociado na Universidade de Copenhague, Kramers pasou a traballar como profesor de física teórica na Universidade de Utrecht, onde supervisou a Tjalling Koopmans. En 1934 converteuse no sucesor de Paul Ehrenfest en Leiden, mantendo tamén dende 1931 un posto na Universidade de Tecnoloxía de Delft.

En 1925 desenvolveu xunto a Werner Heisenberg a fórmula Kramers–Heisenberg da dispersión. Tamén se lle acredita[1] a introdución en 1948[2] do concepto da renormalización na teoría de campos cuánticos, malia que nunha aproximación non relativista.[1]. Desenvolveu tamén as relacións Kramers-Kronig en colaboración con Ralph Kronig.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jagdish Mehra, Helmut Rechenberg, The Conceptual Completion and Extensions of Quantum Mechanics 1932-1941. Epilogue: Aspects of the Further Development of Quantum Theory 1942-1999: Volumes 6, Part 2, Springer, 2001, p. 1050.
  2. Laurie M. Brown (ed.), Renormalization: From Lorentz to Landau (and Beyond), Springer, 2012, p. 53).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.