Un helmo é un tipo de casco, unha parte da armadura deseñada para protexer a cabeza durante o combate.

galea, helmo dos lexionarios romanos
Helmo alemán dos séculos XII ou XIII

Historia editar

Os cascos están entre as formas máis antigas de equipos de protección individual e sábese que os acadios ou os sumerios os empregaron no século XXIII a.C., os gregos micénicos dende o século XVII a.C.,[1][2] os asirios arredor do 900 a.C., os antigos gregos e os romanos e ao longo da Idade Media e ata finais do século XVII.[3] Os materiais e a construción foron máis avanzados a medida que as armas foron cada vez máis poderosas. Inicialmente eran construídos de coiro e latón, e logo de bronce e ferro durante as idades de bronce e ferro. Axiña se fixeron enteiramente de aceiro forxado en moitas sociedades despois do 950 d.C. Naquel tempo, eran puramente equipos militares, protexendo a cabeza de golpes con espadas, frechas voadoras e mosquetes de baixa velocidade. Os cascos de ferro despregáronse na cabalería do Imperio Malí para protexer os cabaleiros e a súa montura.[4]

O uso militar de cascos diminuíu despois de 1670 e as armas de fogo remataron co seu uso por soldados a pé despois de 1700,[3] mais na era napoleónica reintroducíronse os cascos de cabalería ornamentados para os cuirassiers e os dragóns nalgúns exércitos que continuaron a ser utilizados polas forzas francesas durante a primeira guerra mundial ata 1915.[5]

A Gran Guerra e o seu maior uso da artillaría renovaron a necesidade dos cascos de aceiro, sendo o casco francés Adrian e o casco británico Brodie os primeiros cascos modernos de aceiro empregados no campo de batalla,[6][7] seguidos da adopción de cascos similares de aceiro, como o Stahlhelm,[8][9] polas outras nacións en guerra. Tales cascos ofrecían protección á cabeza contra a metralla.

Os militares actuais adoitan empregar cascos de alta calidade feitos de materiais balísticos como o kevlar e o twaron,[10] que ofrecen unha protección mellorada. Algúns cascos tamén teñen boas calidades de protección non balísticas contra ameazas como as ondas de choque provocadas polas explosións.[11][12]

Moitos dos cascos de combate actuais adaptáronse aos modernos requirimentos de guerra e actualizáronse con guías STANAG para actuar como plataforma para montar cámaras e envoltorios VAS para a montaxe de lentes de visión nocturna (NVG) e dispositivos de visión nocturna monoculares (NVD).

A comezos do século XX, os cascos de combate a miúdo foron equipados con fundas para ofrecer unha maior camuflaxe. Houbo dous tipos principais de fundas: antes as redes de malla eran moi empregadas, mais a maioría dos cascos modernos empregan fundas de tea de camuflaxe.

A finais do século XX, a partir das décadas de 1970 e 1980, os novos materiais comezaron a substituír o aceiro como o material principal dos cascos de combate, nun esforzo por mellorar o peso, a protección balística e a protección contra as lesións na cabeza causadas por explosións. Esta práctica continuou no século XXI, con máis avances e perfeccionamentos nas fibras empregadas, deseño e forma do casco e maior modularidade. Os primeiros sistemas de cascos deste novo deseño foron o estadounidense PASGT, o español MARTE, o italiano SEPT-2 PLUS e o británico Mk6.

Notas editar

  1. "Shaft Graves, Mycenae". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2010. 
  2. "Komita, Nobuo-The Grave Circles at Mycenae and the Early Indo-Europeans". pdfslide.net (en inglés). Consultado o 2021-05-12. 
  3. 3,0 3,1 "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007. Consultado o 13 de novembro de 2007. 
  4. Law, Robin (1976). "Horses, Firearms, and Political Power in Pre-Colonial West Africa, Past and Present". Past and Present 72 (1): 112–132. doi:10.1093/past/72.1.112. 
  5. Heaumes Page Arquivado 30 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
  6. "The first modern steel combat helmet: the French 'Adrian' - Military Trader". 2 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  7. Military headgears Arquivado 27 de maio de 2012 en Archive.is
  8. "German-Helmets.com". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de novembro de 2007. 
  9. "German Pickelhaube Spiked Helmet Evolution Guide". www.kaisersbunker.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2007. 
  10. "Differences Between Kevlar and Twaron | Difference Between". www.differencebetween.net (en inglés). Consultado o 2018-03-30. 
  11. "Kevlar PASGT Helmet". 
  12. "combat helmet upgrade,tbi,brain injury,military,charity". Operation Helmet. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 04 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar