Helgeandsholmen é unha pequena illa situada no centro da cidade de Estocolmo, en Suecia.

Vista aérea da illa de Helgeandsholmen co Riksdag (Parlamento de Suecia.

Forma parte de Gamla Stan, a Cidade Vella de Estocolmo, e sitúase ao norte de Stadsholmen, en fronte do Stockholms slott ou Palacio Real de Estocolmo.

O Riksdag, o Parlamento sueco, é o único edificio da illa.

O nome de Helgeandsholmen deriva de "Den helige andens holmen", que significa o illote do Espírito Santo.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Parlamento de Suecia

Ligazóns externas editar