Heinrich Heine

poeta, xornalista, ensaísta e crítico literario alemán


Christian Johann Heinrich Heine, nado en Düsseldorf o 13 de decembro de 1797 e finado en París o 17 de febreiro de 1856, foi un poeta e xornalista alemán. Considerado o "derradeiro poeta do romanticismo" alemán e, a un tempo, o poeta que axudou a superalo.

Infotaula de personaHeinrich Heine

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalChristian Johann Heinrich Heine
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1797
Düsseldorf (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1856 (58 anos)
París (Segundo Imperio Francés) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSaturnismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir (1821–1823)
Universidade de Gotinga
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , poeta avogado , publicista , crítico literario , escritor , xornalista , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHeine family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMathilde Heine (1841–) Editar o valor em Wikidata
PaisSamson Heine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Betty Heine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharlotte Embden (pt) Traducir e Gustav Heine von Geldern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933Queima de livros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0374325 Allmovie: p173920 IBDB: 107094
Bitraga: 1120 Spotify: 1VRpE7jLYcUdT7dzX2KK27 iTunes: 2351488 Musicbrainz: d5efb3bf-4d84-4c70-a461-d8e3cdb4b755 Discogs: 432053 IMSLP: Category:Heine,_Heinrich WikiTree: Heine-229 Find a Grave: 6809 Editar o valor em Wikidata

Contribuíu a dar categoría poética á lingua coloquial, elevou o artigo de xornal e o libro de viaxes á categoría artística e dotou a lingua alemá escrita dunha lixeireza e unha elegancia descoñecidas. Como crítico, xornalista politicamente comprometido, ensaísta, satírico e polemista foi tan admirado coma temido. É un dos poetas alemáns máis coñecidos e traducidos no estranxeiro. Moitos dos seus poemas foron musicados en forma de Lied por importantes compositores, como Franz Schubert e Robert Schumann.

Traxectoria editar

Mocidade a anos de aprendizaxe editar

A data exacta de nacemento de Heine non se pode precisar con total exactitude debido á perda dos rexistros. El falaba de si mesmo humoristicamente coma do "primeiro home do século" por ter nacido o día de aninovo de 1800. Tamén mencionou ocasionalmente 1799 coma ano do seu nacemento, se cadra pola admiración que sentía por Napoleón Bonaparte, chegado ó poder ese ano tralo golpe de Estado do 18 de brumario. Segundo os estudos actuais a data de nacemento de Harry Heine, o seu verdadeiro nome, foi o 13 de decembro de 1797.

Foi o máis vello dos catro fillos dun comerciante de panos xudeu ortodoxo[1], Samson Heine e de Peira (coñecida como Betty) van Geldern. Os seus irmáns foron Charlotte, Gustav, máis tarde Barón Heine-Geldern, e Maximilian, que foi médico en San Petersburgo. Medrou nun ambiente xermanizado e estudou no liceo de Düsseldorf. Comezou a escribir poemas en idade escolar. Deixou o liceo en 1814 sen titulación para inscribirse nunha escola de comercio seguindo a tradición familiar.

Nos anos 1815 e 1816 traballou como aprendiz co banqueiro de Frankfurt Rindskopff. En Frankfurt coñeceu por primeira vez a situación dos guetos xudeus. En 1816 instalouse en Hamburgo para traballar no banco dun seu tío, Salomon Heine. Salomon, un home de negocios de éxito, protexeu sempre a seu sobriño: deulle axuda económica ata a súa morte en 1844 , aínda que non compartía os intereses literarios de Heine.

Heine non amosou ningunha inclinación pola banca, polo que seu tío lle montou un negocio de teas a "Harry Heine & Co.", que de seguida declarou bancarrota. A atracción non correspondida do poeta pola súa curmá Cousine Amalie era outro punto de inquedanza para a familia do poeta.Este amor foi posteriormente estilizado nos románticos poemas de amor do "Buch der Lieder" (Libro das cancións). A situación na casa do tío facíaselle ó poeta cada vez máis incomoda, como describe no poema "Affrontenburg". Finalmente, Salomon Heine decidiu facilitarlle ó sobriño os medios para estudar unha carreira lonxe de Hamburgo.[2]

Estudos en Bonn, Göttingen e Berlín editar

 
August Wilhelm Schlegel

Heine empezou, sen moito interese, estudos de Dereito en 1819 en Bonn No semestre de inverno de 1819-1820 asistiu as leccións sobre lingua alemá e poesía que impartía un dos fundadores do romanticismo, August Wilhelm Schlegel, que influíu poderosamente na primeira época do Heine escritor, aínda que posteriormente escribira con sarcasmo sobre el e sobre outro mestre seu da época, Ernst Moritz Arndt, do que criticou as posturas reaccionarias.

No inverno de 1820 ingresou na universidade de Göttingen, cidade que tivo que abandonar en febreiro do 1821 a causa dun duelo. Heine retara a outro estudante que o insultara por ser xudeu, e ámbolos dous foron apartados da universidade por un semestre.[2]

Heine marchou á universidade Humboldt de Berlín, onde estudou entre 1821 e 1823, recibindo clases, entre outros, de Georg Wilhelm Friedrich Hegel, a quen contestou algún dos seus postulados[3]. Entrou axiña en relación cos círculos literarios berlineses e foi hospede habitual dos salóns literarios de Rahel Levin e Karl August Varnhagen von Ense. Desde Berlín viaxou en 1822 a Posen, onde entrou en contacto por primeira vez cos xudeus xasiditas, polos que sentiu certa admiración, pero cos que non se identificou. En 1823, dous anos antes de converterse ó cristianismo, escribiu o seu amigo Immanuel Wohlwill: "Non teño o valor para deixar barba e que se rían do meu acento".[2]

Bautismo e o Asunto Platen editar

De volta en Göttingen, foille concedido o grao de doutor en Dereito en xullo de 1825. Para mellorar as súas oportunidades como xurista, bautizarase en xuño do mesmo ano en Heiligenstadt tomando o nome de Christian Johann Heinrich. Desde este momento fíxose chamar Heinrich Heine. Perante a familia mirou de conservar en segredo a súa conversión o protestantismo.Indiferente en materias relixiosas, viviu o bautizo coma o seu boleto de entrada na cultura europea. De feito, axiña puido comprobar que para moitos representantes desa cultura os xudeus, conversos ou non, eran difíciles de aceptar coma iguais. Heine, poren, nunca deixou pasar sen resposta o rexeitamento nin o insulto. Unha proba evidente disto é o chamado Caso Platen: o poeta August Graf von Platen atacou a Heine pola súa orixe xudía para impedir que lle deran unha cátedra na Universidade de Múnic. Heine respondeu facendo pública a homosexualidade de Platen, o que provocou o exilio voluntario deste a Italia. As consecuencias dos ataques antisemitas de Platen foron fatais para Heine. O rei Lois I de Baviera fixo que lle retirasen a oferta para ser profesor en Múnic ó que o poeta respondeu cuns versos burlóns.

O caso Platen marcou o fracaso definitivo dos seus intentos de encontrar un traballo como xurista e decidiuno a gañala vida como escritor, e, máis tarde, fíxolle lamentar a conversión ao protestantismo. (Case tódolos biógrafos destacan a importancia da orixe xudía de Heine para o desenvolvemento da súas traxectorias vital e literaria.[2] O crítico Marcel Reich-Ranicki mantén que a emigración de Heine a París foi motivada máis por sentirse rexeitado pola sociedade alemá que por causas políticas).

Primeiros éxitos literarios editar

Publicou os primeiros poemas en 1816 co pseudónimo Freudhold Riesenharf.[4] Xa como H. Heine, deu ó prelo o seu primeiro tomo de poemas en 1821 en Berlín. En 1823 seguírono "Traxedias cun intermezzo lírico", en 1824 apareceu "Trinta e tres poemas" (Dreiunddreißig Gedichte), entre a que estaba a súa obra máis coñecida en Alemaña: "Die Loreley".[5] Ese mesmo ano visitou, durante unha viaxe polo Harz a Johann Wolfgang von Goethe en Weimar, ó que enviara dous anos antes o seu primeiro libro de poemas. A visita foi unha decepción polo actitude distante do autor do Fausto.

En 1826 publicou o libro de viaxes Harzreise (Viaxe polo Harz), o seu primeiro grande éxito editorial e empezou unha relación coa editora hamburguesa "Hoffmann und Campe". Julius Campe foi editor de Heine ata a morte do escritor. En outubro de 1827 viu a luz o Buch der Lieder con poemas de ton romántico e, ás veces, popular, que é aínda hoxe a súa obra máis coñecida.

Heine afastouse logo do ton romántico (falaba de si mesmo coma dun "fuxido do romanticismo", utilizando cada vez máis a ironía e as formas románticas para facer poesía política.

En 1827 e 1828 viaxou a Inglaterra e Italia, o que deu lugar a novos cadernos de viaxe coma "O mar do Norte" (Nordsee), "Os baños de Lucca" (Die Bäder von Lucca) e "Ideas. O libro Le Grand" (Ideen. Das Buch Le Grand), neste último louvaba a Napoleón e os moitos aspectos da Revolución francesa.[6] Desde comezos dos anos 1830, a súa fama espállase por Alemaña e Europa.

Os anos de París editar

Con cada vez máis inimigos, sobre todo en Prusia, polas súas ideas políticas e cada vez máis coartado pola censura Heine marcha en 1831, iniciada xa a revolución francesa de xullo de 1831, a París. So dúas veces no que lle quedaba de vida volvería a ver Alemaña á que, desde o exilio parisiense, recordaba no seu poema “In der Fremde” (No estranxeiro)[7]: Eu tiven unha vez unha fermosa patria: Medraban alí altos os carballos, Inclinábanse doces a violetas. Todo era un soño. Bicos en alemán, palabras alemás, (É difícil de crer que ben soaba a frase : “Ich liebe dich”). Todo era un soño . (Ich hatte einst ein schönes Vaterland./Der Eichenbaum/Wuchs dort so hoch,/ die Veilchen nickten sanft./ Es war ein Traum. / Das küsste mich auf deutsch und sprach auf deutsch/(Man glaubt es kaum/ Wie gut es klang) das Wort: „Ich liebe dich!“/ Es war ein Traum.)[8]

En 1833 a publicación dos seus libros foi prohibida en Prusia e en 1835 en tódolos estados membros da Unión Alemá, prohibición que compartiu cos poetas membros do grupo poético da “Jungen Deutschland”.[9] En opinión do “Bundestag” da Unión alemá estes poetas atacaban nos seus textos a relixión cristiá, a orde establecida, a moral e a disciplina. Heine tiña desde 1832 unha fonte de ingresos como correspondente do xornal “Augsburger Allgemeinen Zeitung”. Os artigos que publicou nese xornal foron recollidos o ano 1833 no libro de “Französische Zustände” (Situacións francesas). Nese mesmo ano maniféstanse os primeiros síntomas de enfermidade que nos seus últimos tempos o tería oito anos na cama. Nesa época entrou en contacto co socialista utópico Prosper Enfantin, e cos membros máis importantes da vida cultural francesa e alemá residentes en París: coma Hector Berlioz, Ludwig Börne, Frédéric Chopin, George Sand, Alexandre Dumas e Alexander von Humboldt. Nos seguintes anos Heine escribiu moito: ensaios, artigos sobre política, poemas e textos en prosa de temática variada. En escritos coma os “Französische Zustände” intentou achegar a alemáns e franceses. Heine detectou antes cá moitos dos seus contemporáneos certas tendencias destrutivas no nacionalismo alemán, non baseado, coma o francés, na idea de democracia e soberanía populares. O poeta presentiu a carga de xenofobia do nacionalismo conservador e algunhas das súas análises teñen un ton case profético: “O cristianismo(...) moderou o carácter guerreiro dos xermanos, mais non o destruíu, e cando o talismán *adoumador da cruz se destrúe aparecede novo o salvaxismo dos vellos guerreiros.(...) O pensamento precede ó feito coma o lostrego ó trono. O trono alemán é tamén un alemán, non e flexíbel e no apura a retumbar; mais acabara polo facer e unha vez ha estalar como nunca o fixo en toda a historia do mundo: alcanzará entón o seu obxectivo. Con ese estoupido caeran as aguias do ceo e, nos afastados desertos de África, os leóns arrastraranse ós seus tobos. En Alemaña representarase unha obra que far que a revolución francesa pareza un idilio.”[2]

 
Mathilde Heine, Fotografía de 1860

Traballos importantes desa época foron “Die romantische Schule” (A escola romántica) de 1836, o fragmento de novela Der Rabbi von Bacherach (O rabino de Bacherach) de 1840 e o memorando sobre Ludwig Börne, tamén de 1840, no que reacciona ás acusacións dun antigo amigo de ter traizoado as metas da revolución e de moverse por oportunismo e sen principios. O traballo publicouse despois da morte de Borne o que non foi ben recibido polos lectores. Ademais atacábase nel a Jeanette Wohl, o que provocou un duelo a pistola co home desta.[10] Xa antes destes sucesos se casara Heine en 1841 coa vendedora de zapatos Eugenie Crescentia Mirat a que coñecía dende 1834.[11] Moitos dos amigos do poeta non comprenderon esta decisión. Heine, por contra, valoraba que a súa muller non falara unha palabra de alemán e mesmo non fora consciente de estar casada cun importante poeta. Heine viaxou dúas veces a Alemaña en 1843 e 1844 para visitar a súa mai e presentarlle á súa muller. Durante estas viaxes coñeceu a Karl Marx co que traballaría na revista “Vorwärts!” (Adiante).[1] A mediados dos anos 1840 publica “”Atta Troll”[12] e “Deutschland. Ein Wintermärchen”[13] (Alemaña. Un conto de inverno”), onde comenta as situacións social, relixiosa e estatal alemás desde puntos de vista preto dos de Marx. Os seus “novos e mellores poemas” son editados co título de Neue Gedichte[14] (Novos poemas) en 1844.

Heine e o marxismo editar

 
Karl Marx ó redor de 1840

A comezos dos anos 40 do século XIX, Heine radicalizou as súas posturas. Foi dos primeiros poetas alemáns que mostrou nas súas obras as consecuencias da Revolución industrial e as miserias da nova clase traballadora. Un exemplo é o poema “Os tecedores de Silesia” de xuño de 1844, inspirado pola revolta de tecedores nas localidades silesianas de Peterswaldau de Langenbielau. Que apareceu na revista “Vorwarts!” de Karl Marx, e que foi repartida entre os sublevados e prohibida polo goberno prusiano. Friedrich Engels traduciu o poema o inglés e fíxoo publicar no periódico “The New Moral World“. Malia os seus contactos cos discípulos de Henri de Saint-Simon, con Marx e con Engels a relación do escritor co comunismo foi sempre ambivalente. Dun lado apoiaba as demandas dos traballadores, por outro temía as consecuencias do materialismo e a radicalidade das ideas comunistas sobre os aspectos da cultura europea que el amaba. Un ano antes morrer escribiu no prologo da edición francesa de “Lutetia”: “Tocante ó comunismo [...] penso con medo nos tempos no que eses tenebrosos destrutores de imaxes cheguen o poder; coas súas maos cheas de calos han destruír sen piedade tódalas estatuas de mármore da Beleza que tanto ama o meu corazón; triparan tódolos xoguetes e minucias artísticas que tanto amaba o poeta, arrincaran os meus loureiros para sementar patacas (...)e, ai, o meu “Buch der Lieder” ha servir para facer cornetes nos que as pobres vellas do futura gardarán o café e o tabaco. Ai! Véxoo xa por anticipado e apréixame unha indescritíbel tristeza [..] cando penso na destrución dos meus versos que desapareceran co resto do vello mundo romántico. Con todo recoñezo libremente que ese comunismo, inimigo dos meus intereses e das miñas inclinacións, ten un encanto que non podo arrincar da miña alma; dúas voces falan o seu prol no meu peito, dúas voces que non se deixan acalar[...]. Porque a primeira desas voces é a da lóxica. [...] Como non podo refutar a primeira sentenza “Tódolos homes teñen o dereito de alimentarse”, estou obrigado a aceptar tódolos corolarios. [...] A segunda voz ... é a do odio, o odio que sento contra o partido, que ten por opositor o comunismo, e que é polo tanto o noso inimigo común. O partido [...] dos falsos patriotas, que resumen o seu amor por Alemaña nunha repulsa idiota polo estranxeiro e polos veciños.

A revolución fracasada editar

Heine recibiu con alegría os movementos revolucionarios de 1848 que se espallaron por Europa, en especial a revolución de marzo na Unión alemá que pretendía conseguir un Estado nacional alemán unido e democrático. O desenvolvemento axiña o decepcionou, debido a que os partidos republicanos e democráticos ían ficar en minoría no novo parlamento alemán. A aparición da figura do Kaiser viuna coma o soño romántico de restablecer o Sacro Imperio Romano-Xermánico. A primeira fase da revolución fracasou cando o rei prusiano Federico Gullerme IV (Friedrich Wilhelm IV) rexeitou en 1849 o nomeamento do Kaiser que lle ofrecera a maioría da Asemblea Nacional. Isto provocou levantamentos democráticos no oeste e sur da Unión Alemá que foron reprimidos polas tropas prusianas.

A cripta da cama editar

No mes de febreiro 1848, o mes no que empeza en París a revolución de 1848, a saúde de Heine empeora radicalmente. As dores de orixe nerviosa que desde 1845 se foran agravando, non lle permite abandonar o leito. Estaba convencido de ter sífilis, aínda que estudos feitos nos seus cabelos ao ano 2003 probaron que sufría unha intoxicación por chumbo. Os oito últimos anos da súa vida pasounos como el dixo na “cripta da cama”, aínda que mantiña a lucidez mental. O dramático empeoramento da saúde fixo que nunha ocasión o deran por morto. Friedrich Engels, que o visitou en xaneiro de 1848, días antes do empeoramento definitivo, escribiu: “Heine está acabado. Hai dúas semanas estiven cabo del, estaba na cama cun ataque de nervios. Non pode dar tres pasos seguidos, vai do sillón á cama e da cama ó sillón esteándose nas paredes. O ruído da casa entoleao.” Nos seus ultímoa anos cambiou algo os seus de vista sobre a relixión, No seu testamento de 1851 afirma a súa crenza nun Deus persoal, mais nunca volveu a achegarse nin o cristianismo nin o xudaísmo. Nese testamento escribiu: “Aínda que son luterana por bautismo, non desexo que sacerdotes desa confesión acudan o meu enterro; da mesma maneira renuncio os servizos de dos sacerdotes de calquera outra comunidade relixiosa. [...] desde hai catro anos renunciei a tódalas ideas filosóficas e volvín a ideas e sentimentos relixiosos, morro crendo nun Deus único, creador do mundo. Tres anos despois escribe: “Rexeito os rumores de que me acheguei a algunha confesión.[...] Non abxurei de nada, nin dos meus vellos deuses páganos, dos que me separei, pero de maneira amigable.”

A forza creativa de Heine non se debilitou coa doenza. Seguiu dictando as súas obras a un secretario. Así en outubro de 1851 saíu do prelo o “Romanzero” e, no ano 1854 o seu legado político: “ Lutetia”. Morreu o 17 de febreiro de 1856 e foi enterrado tres días despois no cemiterio de Montmartre en París.

Legado e homenaxes editar

 
Busto de Heine na súa tumba no Cemiterio de Montmartre en París.

A obra de Heine non se pode clasificar en ningunha corrente artística concreta. Empezou dentro do romanticismo, mais superouno de contado en ton e temática. O biógrafo Joseph A. Kruse ve na súa obra elementos do Aufklärung,dos clásicos de Weimar o realismo e mesmo do simbolismo. Foi sobre todo un autor crítico desde o punto de vista político. Cos autores do grupo da “Xove Alemaña” (Junge Deutschland) uníao o desexo dun cambio democrático que apreixara toda Europa especialmente Alemaña, separábano postulados literarios e estéticos. Persoalmente próximo a Karl Marx e Friedrich Engels non compartiu totalmente a súa filosofía.

A seus contemporáneos estiveron xa moi polarizados nas súas opinións sobre Heine, ó que axudou a actitude sempre polémica do escritor. Sempre respondeu ós ataques que recibía coa mesma dureza coa que foran dirixidos. Trala súa morte os ataques incrementáronse e pódese dicir que a súa figura continua a ser polémica. Estudosos nacionalistas e antisemitas como Adolf Bartels cualificaron a intención de instalar un monumento ó poeta en Düsseldorf durante o seu xubileo en 1897 coma “unha reverencia perante o xudaísmo”. Finalmente erixíronselle monumentos nos anos 1920 en Hamburgo e Frankfurt, que foron retirados anos despois polos nazis, que prohibiron as súas obras e queimaron publicamente libros seus. Mesmo en tempos da República Federal Alemá continuaron as polémicas ó redor da figura de Heine, como amosan as disputas que provocou a decisión de darlle o seu nome á universidade de Düsseldorf. Desde o 1981 hai nesa cidade un monumento a Heine e, en 1972, instaurouse o “Premio Heinrich Heine”. En 2006, despois dunha longa controversia, o goberno de Baviera aceptou a exposición pública dun busto de Heine.

Citas editar

  • Onde se queiman libros, acaban por queimarse persoas. (de: Almansor, (1821)
  • O diaño, a nobreza e os xesuítas existirán só mentres a xente crea neles. De (Reisebilder. Terceira parte: Italia, Viaxe de Múnic a Xénova)
  • Lutero axitou Alemaña, pero Frank Drake tranquilizouna de novo: tróuxonos as patacas. (de “Aforismos e Fragmentos)
  • Os censores alemáns" (de “Ideen. Das Buch Le Grand)

Obras (clasificadas pola súa data de publicación en libro) editar

 
Reisebilder, 1831
  • 1821: Poemas (Gedichte)
  • 1823:Traxedias cun intermezzo lírico (inclúe: William Ratcliff, Almanzor e o intermezzo

lírico (Tragödien nebst einem lyrischen Intermezzo (William Ratcliff, Almansor und Lyrisches Intermezzo)

  • 1824: Trinta e tres poemas (Dreiunddreißig Gedichte )
  • 1826: Escenas de viaxe, primeira parte (inclúe: Viaxe polo Harz, O regreso, O Mar do Norte, primeira parte) (Reisebilder. Erster Teil (Die Harzreise, Die Heimkehr, Die Nordsee, erster Teil)
  • 1827: Libro de Cancións (Buch der Lieder) e Escenas de viaxe, segunda parte (inclúe: O Mar do Norte,2ª e 3ª parte, Ideas, o libro Le Grand, Cartas desde Berlín) (Reisebilder. Zweiter Teil (Die Nordsee. Zweite und dritte Abteilung, Ideen. Das Buch Le Grand und Briefe aus Berlin).
  • 1830: Escenas de viaxe, 3ª parte (inclúe: Viaxe de Múnic a Xénova, Os baños de Lucca) (Reisebilder. Dritter Teil (Die Reise von München nach Genua und Die Bäder von Lucca)
  • 1831: Introdución a Kahldorf sobre a Nobreza (Einleitung zu Kahldorf über den Adel) Escenas de viaxa 4º parte (inclúe: A cidade de Lucca, Fragmentos ingleses) (Reisebilder. Vierter Teil (darin Die Stadt Lucca und Englische Fragmente)
  • 1832: Situacións de Francia (Französische Zustände)
  • 1833: Sobre os denunciantes (Über den Denunzianten). Introdución a Don Quíxote (Einleitung zu Don Quíxote) O salón, 3ª parte (inclúe Noites florentinas, Espíritos elementais) (Der Salon. Dritter Teil (darin Florentinische Nächte und Elementargeister)
  • 1834: O Salón. 1ª parte. (inclúe: Pintores franceses, das memorias do señor de Schabelewopski, Poemas varios) (Der Salon. Erster Teil (darin Französische Maler, Aus den Memoiren des Herren von Schnabelewopski, verschiedene Gedichte)
  • 1835: O salón. 2ª parte (inclúe: Historia da relixión e a filosofía en Alemaña, ciclo de poemas “Nova primavera”) (Der Salon. Zweiter Teil (Geschichte der Religion und Philosophie in Deutschland, Neuer Frühling)
  • 1836: A escola romántica (Die romantische Schule)
  • 1838: O espello de Suabia (Der Schwabenspiegel)
  • 1839: Mulleres en mozas de Shakespeareb (Shakespeares Mädchen und Frauen), Notas do escritor (Schriftstellernöten)
  • 1840: Ludwig Börne, O salón. 4ª parte (inclúe: O rabino de Bacherach, Sobre os escenarios de Francia e varios poemas) ( Der Salon. Vierter Teil (Der Rabbi von Bacherach, Über die französische Bühne, verschiedene Gedichte)
  • 1844: Novos poemas (inclúe: Alemaña, un conto de inverno (Neue Gedichte (Deutschland. Ein Wintermärchen)
  • 1847: Atta Troll. Un soño dunha noite de verán. (Atta Troll – Ein Sommernachtstraum)
  • 1851: Romanceiro e O Doutor Fausto. (Romanzero, Der Doktor Faust.)
  • 1854: Tres tomos de escritos diversos, entre eles Confesións, Os deuses no exilio, A deusa Diana, Ludwig Marcus,Poemas de 1853 e 1854, Lutecia, 2ª parte) ( Geständnisse, Die Götter im Exil, Die Göttin Diana, Ludwig Marcus, Gedichte 1853 und 1854, Lutetia. Erster Teil und Lutetia. Zweiter Teil)
  • 1857 (póstumo): Traxedias (Tragödien)
  • 1869 (póstumo): Últimos poemas e pensamentos. (Letzte Gedichte und Gedanken)
  • 1869 (póstumo) Memorias (Memoiren)
  • 1892 (póstumo) A vida familiar de Heinrich Heine (122 cartas familiares e catro gravados (Heinrich Heines Familienleben)
  • Anos diversos O Deus dos nosos pais, Sobre xudeus e comida xudía. (Der Gott unserer Väter. Über Juden und Judentum Essen) Klartext, 2006 ISBN 3-89861-674-6 ISBN 978-3-89861-674-4

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Heinrich Heine - Poeta Aleman". www.heinrich-heine.net. Consultado o 2022-08-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Heinrich Heine". Textarchiv (en alemán). Consultado o 2022-08-28. 
  3. Tradución, Walter Kauffman (2007-04-15). "Heinrich Heine on Hegel". Waggish (en inglés). Consultado o 2022-08-28. 
  4. "Heinrich-Heine-Führungen Düsseldorf". www.heine-fuehrung-duesseldorf.de. Consultado o 2022-08-28. 
  5. "What Is the Translation of Heinrich Heine's Poem, 'Die Lorelei'?". ThoughtCo (en inglés). Consultado o 2022-08-28. 
  6. "Ideen. Das Buch Le Grand ; work by Heine". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-08-28. 
  7. "In der Fremde – Wikisource". de.wikisource.org (en alemán). Consultado o 2022-08-28. 
  8. "Heinrich Heines Gedicht „Ich hatte einst ein schönes Vaterland“". planetlyrik.de. Consultado o 2022-08-28. 
  9. "Junges Deutschland (Epoche) ; Merkmale, Werke & Vertreter". wortwuchs.net. Consultado o 2022-08-28. 
  10. "Jeanette Wohl – Jewiki". www.jewiki.net. Consultado o 2022-08-28. 
  11. "17. Februar 1856: Heinrich Heine stirbt in Paris". www1.wdr.de (en alemán). 2006-02-17. Consultado o 2022-08-28. 
  12. "Atta troll". inbel.org (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  13. "Heinrich Heine - Deutschland. Ein Wintermärchen". zgedichte.de (en alemán). Consultado o 2022-08-28. 
  14. "Neue Gedichte (1844) – Wikisource". de.wikisource.org (en alemán). Consultado o 2022-08-28. 

Véxase tamén editar