Heinrich Bach, nado o 16 de setembro de 1615 en Wechmar (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 10 de xullo de 1692 en Arnstadt, foi un compositor e organista alemán, membro da familia Bach.

Heinrich Bach
Nacemento16 de setembro de 1615
 Wechmar
Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento10 de xullo de 1692
 Arnstadt
Sacro Imperio Romano Xermánico
Instrumento(s)Órgano
PaiJohannes Bach
NaiAnna Schmied
Parella/sEva Hoffmann
FillosJohann Michael Bach, Johann Christoph Bach e Johann Günther Bach
IrmánsChristoph Bach e Johann Bach
Na rede
Musicbrainz: cc6d1ac2-d914-461f-b891-6b742acc46cc Discogs: 2018719 IMSLP: Category:Bach,_Heinrich WikiTree: Bach-231 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Heinrich Bach naceu en Wechmar, sendo considerado o pai da chamada Liña de Arnstädt da familia Bach. Despois da morte prematura de seu pai, o seu irmán máis vello Johannes Bach continuou a súa educación musical e ensinoulle a tocar o órgano. Trasladáronse a Suhl e Schweinfurt. Entre 1635 e 1641, foi Ratsmusikant no Ratsmusikanten-Compagnie de Erfurt dirixido por Johannes. Dende 1641 converteuse en organista da Igrexa de Santa María e da Oberkirche de Arnstadt, posto que ocupou ata a súa morte. En 1642 casou con Eva Hoffmann, a filla máis nova de Suhl Stadtpfeiffer Hoffmann. Heinrich Bach morreu en Arnstadt en 1692.

Tres dos seus fillos, Johann Christoph Bach, Johann Michael Bach e Johann Günther Bach, foron músicos.

Obra editar

Só unhas poucas das súas obras se conservaron:

  • Cantata Ich danke dir, Gott
  • Ach, dass ich Wassers gnug hätte
  • Kyrie
  • Zwei Sonaten à 5
  • Da Christus an dem Kreuze stund
  • Erbarm dich mein, o Herre Gott

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario Enciclopédico de la Música "Música Maestro", Editorial Rombo, 1996, ISBN 84-8257-032-3
  • Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8
  • Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957

Ligazóns externas editar