O Heinkel He 112 foi un caza alemán deseñado por Walter e Siegfried Günter. Foi un dos catro avións deseñados para competir polo contrato de cazas da Luftwaffe de 1933, que finalmente foi gañado polo Messerschmitt Bf 109. Un pequeno número de He 112 foi usado pola Luftwaffe por un curto período de tempo, e pequenas series foron completadas para outros países, chegando a fabricarse menos de 100 en total. Algúns deles chegaron a combater coa Lexión Cóndor na Guerra Civil Española.

Heinkel He 112
Tipocaza
FabricanteHeinkel
Deseñado porirmáns Günter
Primeiro voosetembro de 1935
Principais usuariosLuftwaffe
Exército do Aire de España
Forza Aérea de Hungría
Forza Aérea de Romanía
Unidades construídas103