Hegemone (en grego Ηγεμόνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 8.[1][2]

Hegemone ten uns 3 km de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,703 millóns de km, tarda 745.500 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 153° con respecto á eclíptica (151° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4077. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Hegemone na mitoloxía grega era unha das Gracias e filla de Zeus (Xúpiter).[3]

notas editar

  1. IAUC 8088: S/2003 J 8 6 de marzo do 2003 (descubrimento)
  2. MPEC 2003-E24: S/2003 J 8 6 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8502: Satellites of Jupiter 2005 March 30 (bautizando a lúa)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar