O haxix (do árabe حشيش [hashish] "herba") é unha droga psicotrópica derivada do cánnabis. De aspecto sólido, faise maleable coa calor. A súa cor pode variar do marrón avermellado ao negro, verdoso e coloración dourada. Adóitase fumar en pipa e mesturado co tabaco ou agromos de Cannabis. O seu contido en aceites ricos en cannabinoides (Tetra-Hidro-Cannabinol=THC) faino altamente intoxicante, con efectos psicoactivos que clasifican a certas variedades de plantas de cánnabis como droga branda.

Tenda de haxix en Katmandú
Sebsi (Maroko)

Produce un efecto distinto ó da marihuana e máis prexudicial para os pulmóns debido ao contido de alcatrán ó mesturalo co tabaco.

En realidade o haxix pode presentar varias tonalidades, formas e riqueza de THC. distintos (do 4% o 10%), dependendo do país de orixe; verde escuro tirando a marrón en Marrocos, negro do Líbano e Medio Oriente, negro como brea retorcida o nepalí. En ocasións o produto pode ser adulterado con pensos compostos ou esterco.

Ao haxix tamén se lle chama chocolate de maneira informal pola súa similitude. E, popularmente, segundo o seu contido de THC distínguense varios tipos de haxix, sendo máis activo canto máis tetrahidrocannabinol posúa. Así definimos logo: o apaleado, onde o haxix perde o seu nome; a ficha, ou costo, haxix de baixa calidade; o pole, diferénciase do costo en que é máis mol e oleoso, como a "barriña" (pola súa forma de elaborar despois, en barriñas que se enrolan cun papel canda o tabaco) e o "oviño" (pois encóntrase en forma de bóla oval), ambos moi maleábeis.

O haxix natural, fabricado tradicionalmente e que non leva aditivos nocivos, é como a marihuana, unha das drogas do OMS con menos dependencia física, mais si crea gran dependencia psicolóxica que en persoas psicopáticas leva a problemas de saúde graves.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.