Harpalike (ou en grego Αρπαλύκη), tamén coñecida coma Xúpiter XXII, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000 e recibiu a designación provisional de S/2000 J 5.[1][2]

A lúa recibiría o nome de Harpalike oficialmente en agosto do 2003,[3] Harpalike na mitoloxía grega era a incestuosa filla de Klymenos, aínda que nalgunhas fontes é citada coma amante de Zeus (Xúpiter).

Harpalike pertence ó grupo de satélites Ananke, pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5] Ten un diámetro estimado en 4 kms,[6] e no espectro visible aparece cun gris (índices de cor R-V=0.43) característico dos asteroides tipo C.[7] A lúa órbita Xúpiter a unha distancia duns 21,064 Gm en 624,542 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (147° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2441.

Notas editar

  1. IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
  2. MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento é efemérides)
  3. IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
  4. Sheppard, S.S.; Jewitt, D.C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter" (PDF). Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2003. Consultado o 23 de xullo de 2010. 
  5. Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine., The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429
  6. Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280
  7. Grav, Tommy; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K. (2003). "Photometric survey of the irregular satellites". Icarus 166: 33–45. doi:10.1016/j.icarus.2003.07.005. 
  1. Efemérides IAU-MPC NSES
  2. Parámetros orbitais principais NASA JPL

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar