Harald V de Noruega

Harald V, nado en Skaugum (Asker) o 21 de febreiro de 1937, é un nobre europeo, rei de Noruega dende o 17 de xaneiro de 1991. É fillo de Olav V e de Marta de Suecia, é o primeiro rei de Noruega nado no país dende o rei Olav IV, que nacera en 1370.

Harald V de Noruega
Rei de Noruega
O rei Harald de Noruega, en 2013.

Reinado1991 - actualidade
Nacemento21 de febreiro de 1937
Skaugum (Noruega)
HerdeiroHaakon Magnus
ConsorteSonia de Noruega
Casa realCasa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
ProxenitoresOlaf V de Noruega
Marta de Suecia

Escudo de Harald V de Noruega
Na rede
IMDB: nm0454379 Olympic.org: h-r-h-crown-prince-harald WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-10 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Harald é fillo de Olaf e a princesa Marta de Suecia, neta do rei Óscar II de Suecia. Naceu en Skaugum, en Asker preto de Oslo.

Harald é o primeiro príncipe herdeiro nado en Noruega desde Olaf IV en 1370. Como descendente de Maud, filla de Eduardo VII do Reino Unido, tamén está na liña de sucesión ao trono británico.

Ten dúas irmás, as princesas Ragnhild (1930-2012) e Astrid (1932).

Durante a invasión alemá de 1940, a familia real tivo que ir ao exilio. Mentres que o seu avó o rei Haakon VII e o seu pai se trasladaron a Londres xunto ao goberno no exilio, el, xunto coa súa nai e irmás, viviu en Washington, D.C.. A familia real regresou do exilio ao finalizar a segunda guerra mundial en 1945.

Foi o xefe da Igrexa de Noruega, como todos os reis noruegueses, ata o ano 2012, en que a Igrexa local rompeu o vínculo coa monarquía.

Na súa honra foi nomeada a Costa do Príncipe Harald na Antártida.

Matrimonio editar

Casou en 1968 con Sonja Haraldsen, unha plebea, provocando gran controversia a nivel popular. Froito deste matrimonio son:

Distincións honoríficas editar

Predecesor:
Olaf V
 
Rei de Noruega

1991 - actualidade
Sucesor:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar