Hapoel Jerusalem B.C.

O Hapoel Jerusalem Basketball Club (en hebreo: הפועל ירושלים‎) é o principal equipo de baloncesto profesional da cidade de Xerusalén, Israel. Actualmente compite na Ligat ha'Al, a máxima categoría do baloncesto israelí, e na Eurocup. O Happoel ten nás súas vitrinas varios títulos, entre os que destacan a ULEB gañada no ano 2004 e dúas Liga de Israel conseguidas nos anos 2015 e 2017. Desde a chegada no ano 2013 dun grupo de investimento ao club, liderado por Ori Allon, o equipo fixo un grande avance. Fundado no ano 1943, desde 2014 xoga os seus partidos como local no Jerusalem Arena, pavillón con capacidade para 11.600 espectadores.

Hapoel Jerusalem
Información xeral
Liga ISBL / BCL
Fundación 1943
Cores           Vermello, branco
Presidente Eyal Chomsky
Adestrador Aleksandar Džikić
Localización
Cidade Xerusalén, Israel
Pavillón Jerusalem Arena
Capacidade 11.000
Inauguración 11 de setembro de 2014
Campionatos
Eurocup 1 (2004)
Liga 2 (2015, 2017)
Copa 4 (1996, 1997, 2007, 2008)
hapoel.co.il

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar