Haplorrinos
Haplorrhini

Rango fósil: eoceno temperán - actualidade

Saimiri sciureus
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Pocock, 1918
Infraordes

Os haplorrinos (Haplorrhini), do grego antigo ἁπλῶς haplôs, "simple", e ῥίς ῥινός rhís, rhinós, "nariz"), son unha ampla suborde de primates entre os que se inclúe o ser humano. Chámanse así porque carecen dunha membrana ao redor do rinario (zona de pel sen pelo que existe ao redor das fosas nasais dalgúns mamíferos) e de vibrisas no fociño, ao contrario que os primates estrepsirrinos (Strepsirrhini), como os lémures. Estas dúas características aparecen tamén en moitos outros mamíferos: ratas, cans etc. O rinario adoita estar dividido verticalmente en dúas seccións e hai autores que consideran o suco de debaixo do nariz dos haplorrinos un vestixio desta segmentación.

Todos os haplorrinos posúen un útero de cámara única, fóra diso os tarsios, que posúen útero bicorne como os estrepsirrinos. Adoitan parir unha única cría e o tempo que pasan con ela é máis longo que o dos estrepsirrinos. O corpo ademais tende a ser máis grande que naqueles, e posúen un diámetro cerebral maior e unha visión máis desenvolvida, distinguindo cores e chegando a ser case todos diúrnos.

Clasificación e evolución editar