Hapalla foi un reino da parte occidental de Anatolia que existía sobre o século –XIV. Corresponde á clásica Psidia.

Tudhaliyas II, o rei hitita, ordenou ao rei de Arzawa e Zippasla, Madduwattas, que esmagase a revolta de Hapalla. Madduwattas fíxoo, e derrotou ao rei rebelde, pero forzou a Hapalla a ofrecerlle lealdade a el mesmo tanto como ao rei hitita. Iso foi sobre o 1390.

Hapalla volvía a se rebelar sobre o -1340 cando Suppiluliumas I enviou a un gobernador de nome Hanuttis a reconquistar o país, cousa que Hanuttis logrou.

Sobre a metade do século –XIV Hapalla apoderárase da metade do reino de Mira e Kuwaliya (Mashwiluwa mantivo o control da outra metade). Suppiluliumas I non tivo bastante forza para axudar a Mashwiluwa a recuperar o territorio perdido.

Despois da vitoria de Mursilis II sobre Arzawa, Hapalla foi concedida a un tal Targasnalli ou Targasnallis. Os reis de Mira e Kuwaliya, Hapalla e o río Seha asinaron un tratado recoñecendo ao reino hitita como soberano ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade. Poucos anos despois, baixo Muwatallis II, aparece un rei chamado Ura-Hattusa que probabelmente foi rei de Hapalla.

Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome de Mursilis III, e inmediatamente depuxo algúns das gobernadores dos antigos estados de Arzawa e estableceu o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. Na súa ausencia produciuse unha rebelión, e así o centro e base do poder de Mursilis III foi a rexión de Arzawa. Entón gobernaba o río Seha, Masturi (probable fillo e sucesor de Manapa-Tarhunta II), Walmu en Wilusa, e Piyama-Radu tamén pola zona, en Lazba (Lesbos) e zonas de Arzawa.

A rexión foi un firme bastión hitita ata o ataque dos Pobos do Mar sobre o -1200, que atacaron a rexión, que se despoboou e foi abandonada polos hititas. Probabelmente o reino existiu como vasalo hitita ata aproximadamente o -1185.

Reis editar