Hantilis I

rei dos hititas de -1590 a -1560

Hantilis I, rei dos hititas, alcanzou o trono asasinando coa axuda do seu xenro, Zidantas, ao seu predecesor e cuñado, Mursilis I, probabelmente cando este volvía dunha campaña militar en Siria.

Infotaula de personaHantilis I
Biografía
Nacementoséculo XVI a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte1560 a. C. Editar o valor em Wikidata
Hattusa Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHattusa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeḪarapšili (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Fillos(…)-saltas (en) Traducir, Pishenis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que se descoñecen moitos detalles do seu reinado, este probabelmente abarcou o período comprendido entre -1590 e -1560.

Comezou o seu reinando continuando as campañas sirias que tanto éxito tiveran en tempos de Hattusilis I e Mursilis I, pero pronto sufriu unha serie de invasións hurritas, que saquearon gran parte do reino hitita.

O seu reinado alcanzou un brusco final cando foi asasinado, xunto ao seu fillo Pissenis e os seus netos, por Zidantas, o seu xenro e cómplice na conxura contra Mursilis I.

Hititas

Segue a:
Mursilis I
Hantilis I
Precede a:
Zidantas I
-