Hans Staden (filme)

filme de 1999 dirixido por Luiz Alberto Pereira

Hans Staden é un filme brasileiro e portugués de 1999, de xénero drámatico e biográfico, escrito, producido e dirixido por Luiz Alberto Pereira en base á obra Warhaftige Historia und beschreibung eyner Landtschafft der Wilden Nacketen, Grimmigen Menschfresser-Leuthen in der Newenwelt America gelegen de Hans Staden. Foi distribuído por RioFilme.[3]

Hans Staden
Ficha técnica
Título orixinalHans Staden
DirectorLuiz Alberto Pereira
ProdutorLuiz Alberto Pereira
GuiónLuiz Alberto Pereira
Baseado enWarhaftige Historia und beschreibung eyner Landtschafft der Wilden Nacketen, Grimmigen Menschfresser-Leuthen in der Newenwelt America gelegen de Hans Staden
IntérpretesCarlos Evelyn
Beto Simas
Stênio Garcia
Sérgio Mamberti
Cláudia Liz
Darci Figueiredo
Milton de Almeida
Reynaldo Puebla
MúsicaMarlui Miranda
Lelo Nazário
FotografíaUli Burtin
EstudioLapfilme do Brasil
Jorge Neves Produções Audiovisuais Porto - PT
Prêmio HBO de Cinema de 1998
Ministério da Cultura do Brasil
DistribuidoraRioFilme
Estrea1999
17 de marzo de 2000[1]
Duración92 minutos
Orixe Brasil
Portugal Portugal
Xénerodrama biográfico
Orzamento1,7 millóns de reais[2]
Na rede
IMDB: tt0166635 Filmaffinity: 431768 Allmovie: v206896 TCM: 532738 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme narra a historia do soldado e mariñeiro alemán Hans Staden que, a comezos do século XVI, foi capturado por unha tribo tupinamba, inimiga dos colonizadores portugueses.

Personaxes editar

  • Carlos Evelyn como Hans Staden
  • Ariana Messias como Nairá
  • Darci Figueiredo como Ipiru
  • Beto Simas como Nhaepepô
  • Milton de Almeida como Alkindar
  • Stênio Garcia como caraíba
  • Sérgio Mamberti como Jacó
  • Cláudia Liz como Marabá
  • Reynaldo Puebla como Guaratinga Açu
  • Hissa de Urkiola como Ibirapema
  • Mário Jacques como capitán
  • Macsuara Kadiweu como Cunhambebe
  • Carol Li como Joacy
  • Alfredo Penteado como Caruata
  • Antonio Peyr como Perot
  • Daniel Portela como cacique
  • Walter Portela como Abati Pogança
  • Jefferson Primo como Paraguá
  • Reynaldo Puebla como Guaratinga
  • Valdir Raimundo como Maracajá
  • Valdir Ramos como Japi
  • Isaac Iauaretê como Jaguar
  • Francisco di Franco
  • Amanda Cardonés
  • Julio Guimaraes no papel de Pindobuçu

Produción editar

O equipo de produción visitou Portugal por dez días para conseguir unha réplica da carabela portuguesa en tamaño real usada no filme.[2] As escenas con chuvia real foron filmadas en Ubatuba, na costa do estado de São Paulo, onde o filme foi rodado e tamén nesa cidade foi construída unha réplica dunha auténtica aldea tupinamba do século XVI.[4][2] Na aldea, a rodaxe durou 32 días.[2] A produción contou cun lingüista e filólogo da lingua tupí Eduardo de Almeida Navarro, quen ensinou a gramática ao elenco.[2] A lingua falada polos tupinambas do século XVI foi auxiliada polo lingüista Helder Ferreira, que deu apoio ao elenco en aspectos como a aprendizaxe e a pronuncia.[4] O canto e a danza dos indios, reproducidos no filme, foron desenvolvidos por Marlui Miranda, compositora da música principal e importante investigadora dos rituais indíxenas brasileiros.[4] Varios membros de pobos indíxenas do Brasil como os xavante, os kadiwéu, os mundurucús, os quechuas e os guaranís, participaron do filme.[4]

Notas editar

  1. Folha de Londrina, ed. (15 de marzo de 2000). "A saga do aventureiro alemão chega as telas com "Hans Staden"". Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Paulo Santos Lima (17 de marzo de 2000). Folha de S.Paulo, ed. ""Hans Staden" mostra os dentes nos cinemas". Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  3. Cinemateca Brasileira (ed.). "Hans Staden". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Luciana Rocha. "Hans Staden". Terra Networks. Consultado o 28 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar