Hans Holbein o Novo

Hans Holbein o Novo foi un pintor e gravador alemán, nado en Augsburgo quizais en 1497 e morto en Londres o 29 de novembro de 1543.

Infotaula de personaHans Holbein o Novo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Hans Holbein Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1497 Editar o valor em Wikidata
Augsburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1543 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Peste Editar o valor em Wikidata)
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico
Suíza Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Boloña
Basilea
Lucerna
Venecia
Florencia
Roma
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , Retratista , debuxante , ilustrador , gravador , exlibrist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, retrato e arte sacra Editar o valor em Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir e Renacemento nórdico Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoHolbein: the paintings of Hans Holbein the Younger (en) Traducir (1985) Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHolbein family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosPhilipp Holbein I. Editar o valor em Wikidata
PaiHans Holbein, o Velho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmbrosius Holbein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSigmund Holbein (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 7f49bbd8-615e-4c53-9f4e-919710d6ddb4 WikiTree: Holbein-95 Find a Grave: 10309291 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo segundo do pintor Hans Holbein o Vello (ca. 1465 - 1524), era irmán máis novo do tamén pintor Ambrosius Holbein (ca. 1493/94 - ca. 1519), xunto ao cal aprendeu no obradoiro paterno.

Etapa suíza editar

En 1515, a súa familia asentouse en Basilea, un dos núcleos do humanismo, onde se relacionou con Erasmo de Rotterdam. De 1516 a 1526, estivo a traballar para a alta burguesía de mercadores, e executa retratos, composicións de temas relixiosos, decoracións murais, cartóns par vitrais e máis gravuras. De aí que o Kunstmuseum da cidade (Museo de arte de Basilea) posúa a máis importante colección mundial de obras da familia Holbein. En tanto, influenciado por Matthias Grünewald, o seu estilo abriuse aos conceptos novidosos da Renacemento italiano.

Etapa inglesa editar

En 1526, fuxindo da Reforma protestante, marchou para Londres, sendo recomendado por Erasmo a Thomas More. Esa época constituíu o apoxeo na súa carreira. Realizou daquelas un proxecto de arco de triunfo para celebrar a entrada de Anne Boleyn en Londres e pintou o famoso cadro Os embaixadores en 1533. Este cadro de Os Embaixadores posúe características especiais. Unha parte desta obra está realizada consonte o procedemento do anamorfismo[1]. Así, se a nosa mirada se coloca con relación á parte esquerda do cadro, vemos aparecer un cranio humano en medio dos dous personaxes. A presenza do cranio torna a obra nun "memento mori", unha "vanitas", que chama á humildade: o embaixadores retratados eran así convidados a lembrar que eran tan mortais como calquera.

No 1536, nomeado como pintor de cámara do rei Henrique VIII de Inglaterra, converteuse no retratista oficial da corte de Inglaterra. En 1543, en plena gloria, faleceu a causa de ter contraído a peste.

Foi un retratista que buscaba, por detrás das aparencias, as expresións significativas dos rostros. Tentou tamén de ás tradicións góticas as novas tendencias humanistas.

Obras editar

Galería editar

Notas editar

  1. Anamorfose: imaxe que aparece cando se cambia o ángulo de visión

Véxase tamén editar