Hans Asperger, nado en Viena o 18 de febreiro de 1906 e finado o 21 de outubro de 1980, foi un pediatra e psiquiatra austríaco.

Hans Asperger
Nome completoJohann Hans Friedrich Karl Asperger
Nacemento18 de febreiro de 1906
Lugar de nacementoViena
Falecemento21 de outubro de 1980
Lugar de falecementoViena
SoterradoNeustifter Friedhof
NacionalidadeAustria
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónpsiquiatra e profesor universitario
PremiosPrêmio Cardeal Innitzer
Na rede
WikiTree: Asperger-5 Find a Grave: 61325075 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A síndrome de Asperger é nomeada así na súa honra. Asperger publicou a primeira definición da síndrome de Asperger en 1944. Identificou un patrón de comportamento e habilidades en nenos predominantemente percibida como "psicopatía autista", unha desorde de personalidade. O patrón incluía unha "falta de empatía, reducida capacidade para as relacións sociais, conversas, solitario, unha profunda atracción por intereses específicos e movementos desaxeitados". Asperger chamou aos seus pacientes "pequenos profesores" por causa do seu amplo coñecemento nos temas do seu interese. Asperger morreu antes de que a definición deste patrón fose debidamente recoñecida, en parte porque a súa obra foi escrita en alemán e polas escasas traducións. A primeira persoa en usar o termo "síndrome de Asperger" nun xornal científico foi a investigadora británica Lorna Wing. O seu artigo, titulado "Síndrome de Asperger: unha explicación clínica"[1] foi publicado en 1981, e desafiou o modelo previamente aceptado de autismo presentado por Leo Kanner.

Notas editar

  1. Wing, L. (1981). Asperger's syndrome: a clinical account. Psychol Med, 11, 115–129.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar