Un hangar é un lugar utilizado para gardar aeronaves, xeralmente de grandes dimensións, e adoita situarse dentro do espazo dos aeroportos. Tamén se chama hangar, nos portaavións, ao lugar no que pernoctan e se arman os avións.

Diagrama dun hangar.
Estrutura de hangar de Iberia de 155m de luz.

Tamén se chama hangar, nos portaavións, ó lugar no que, con semellante fin, pernoctan e se arman os avións. Este pode estar blindado, para protexerse dos ataques aéreos, ou pode prescindirse del para gañar espazo, como foi o caso dos portaavións xaponeses, sendo estes máis vulnerables ós ataques aéreos. En todo caso, é unha parte altamente funcional dos portaavións, xa que é onde se fai o mantemento das aeronaves.

As estruturas para hangares teñen que dispoñer de amplas entradas para as aeronaves, a maiores avións, maior apertura na zona aire (zona de apertura de portas). Por isto, son estruturas realizadas por especialistas, tanto dende o punto de vista estrutural, como dende o punto de vista de instalacións. Por exemplo, as portas para hangares forman un mundo á parte das portas convencionais, tendo que permitir o seu funcionamento admitindo as deformacións da estrutura.

Pódense clasificar os hangares pola distancia que se deixa para a entrada de avións, isto é, o ancho da zona aire que queda sen piares:

Tamaño Entrada libre
S Menos de 30 m
M 30 – 60 m
L 60 – 90 m
XL 90 – 120 m
XXL Máis de 120m

Os hangares XXL permiten a entrada dos avións máis grandes do mundo, ademais de poder acoller nas súas instalacións maior cantidade de avións máis pequenos. En canto ó tamaño, é importante destacar que a altura de cola garda relación coa envergadura das aereonaves co que os grandes avións, ademais de precisar recintos libres de piares, requiren dunha grande altura libre. No caso dos avións máis grandes, esta altura libre pode acadar a ser de 30m.

Os hangares de mantemento adoitan dispoñer dun conxunto de pontes guindastre e/ou de plataformas telescópicas quen de percorrer toda a superficie do hangar. Estes elementos instálanse pendurándose da estrutura, transmitindo a carga á mesma.

Os hangares, ademais da estrutura de grandes luces e das grandes portas, adoitan levar complexas instalacións de protección contraincendios, acabados de superficie de chan especiais, potentes sistemas de iluminación, etc.

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar