Haley Joel Osment

actor estadounidense

Haley Joel Osment (HJO), nado nos Ánxeles[1] (California) o 10 de abril do 1988, é un actor estadounidense. Despois dunha serie de papeis de filmes e televisión durante os 90, incluíndo unha pequena interpretación en Forrest Gump onde facía do fillo do personaxe do título, Osment acadou sona internacional coa súa actuación como Cole Sear no suspense de 1999 do director M. Night Shyamalan, O sexto sentido. Entre outras honras, recibiu un nomeamento ós Premios Oscar como mellor actor secundario polo seu papel no filme. Posteriormente, Osment protagonizou varios papeis en filmes de alto perfil de Hollywood; incluíndo Pay It Forward e A.I. Recentemente, fixo o seu debut de Broadway nun rexurdimento de American Buffalo, cos seus compañeiros John Leguizamo, e Cedric the Entertainer.[2]

Infotaula de personaHaley Joel Osment

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir
Flintridge Preparatory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de dobraxe , actor de cinema , actor de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiRy G (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmily Osment (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webkidactors.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005286 Allocine: 24773 Rottentomatoes: celebrity/haley_joel_osment Allmovie: p215938 TCM: 145581 Metacritic: person/haley-joel-osment TV.com: people/haley-joel-osment IBDB: 480893
Facebook: HaleyJoelOsment Twitter: HaleyJoelOsment Instagram: hjosment Musicbrainz: 1cbeee82-76e6-4c3a-b0f6-727031b066c0 Discogs: 310215 Allmusic: mn0001921195 Editar o valor em Wikidata

Traectoria editar

 
Osment no 2001.

Fillo de Theresa Osment (Seifert, apelido de solteira), profesora, e Michael Eugene Osment,[3] actor de teatro e filmes, ámbolos dous nativos de Alabama. Ten unha irmá catro anos máis nova ca el, Emily Osment, quen alén de ser tamén actriz é cantante e compositora. Os pais de Osment describen a súa infancia como unha "boa educación sureña antiga", e o seu pai comentou que cando Osment estaba aprendendo a falar, evitaba adrede falar coma un bebé para se comunicar co seu fillo.[4]

Criado como católico[5], estudou na Escola Preparatoria Flintridge en La Cañada Flintridge.[6] De neno, tiña talento en moitos deportes coma o baloncesto, fútbol, loita, e golf.[7]

Haley comezou a actuar á idade de catro anos cando se presentou a un casting de Pizza Hut para un anuncio publicitario nun centro comercial. Tal anuncio lanzou a súa carreira, e nese ano conseguiu o seu primeiro papel en televisión. Inda ben sendo moi pequecho, gañou o papel do fillo de Forrest Gump, o nome do cal tamén era Forrest Gump, na película do ano 1994 do mesmo nome. Obtivo papeis en numerosas series de televisión, incluíndo Walker, Ranger de Texas (interpretando un rapaz que agonizaba de SIDA), Murphy Brown e The Jeff Foxworthy Show.

Porén, non foi ata 1999 que Osment acadou o éxito co seu papel no coñecido filme O sexto sentido que co-protagonizou con Bruce Willis. Este papel fíxoo merecedor do Premio Saturno e unha nomeamento ós Premios Óscar ao Mellor Actor Secundario, no entanto, finalmente foi para Michael Caine (con quen máis adiante Haley protagonizaría Secondhand Lions).

Máis tarde, Haley apareceu en Pay it Forward (2000), e finalmente en A.I. Artificial Intelligence (2001) de Steven Spielberg, filme que o posicionou indiscutibelmente coma un dos principais actores xuvenís de Hollywood. Este papel valeulle outro Premio Saturn.

Dende aquela, volveu aparecer nas pantallas protagonizando Secondhand Lions e actualmente prepárase para a estrea de Home of the Giants 2006. Neste último período tamén traballou como actor de dobraxe, brindando a súa voz para videoxogos e seriais de televisión. Interpretou o personaxe Sora da serie de videoxogos Kingdom Hearts, producido por Disney e Squaresoft.

Un dos diálogos de Haley n'O Sexto Sentido, "Vexo xente morta (I see dead people"), foi explotado en programas de televisión e bromas nos Estados Unidos e volveuse parte da colección de frases famosas do cine que Hollywood desenvolveu na súa historia.

Haley atribúe o seu éxito como actor ós seus pais.

Vida Persoal editar

Haley Joel Osment vive actualmente nos Ánxeles cos seus pais e maila súa irmá, Emily Osment, que tamén traballou como actriz na popular serie de Disney Channel, Hannah Montana, e Spy Kids. Haley estuda na Escola Preparatoria de Flintridge, en California.

As bandas favoritas de Osment son R.I.M., Pink Floyd, Led Zeppelin e Coldplay. Gústanlle os lagartos e ten dous como mascotas.

No 2007 foi detido por conducir bébedo e por exceso de velocidade. Tamén estivo detido por posesión de drogas.

Filmografía editar

Ano Filme Papel Notas
1994 Forrest Gump Forrest Gump, Jr.
Mixed Nuts Little Boy
1996 Bogus Albert Franklin
For Better or Worse Danny
1998 Ransom of Red Chief Andy Dorset (Filme TV)
1999 O sexto sentido Cole Sear Nomeamento – Academy Award for Best Supporting Actor
I'll Remember April Peewee Clayton
2000 Pay It Forward Trevor McKinney
Discover Spot Spot the Dog Voz
2001 A.I. Artificial Intelligence David
Edges of the Lord Romek
2002 The Hunchback of Notre Dame II Zephyr Voz
The Country Bears Beary Barrington Voz
2003 Secondhand Lions Walter
The Jungle Book 2 Mowgli Voz
2005 Immortal Grand Prix Takeshi Jinno Serie anime TV; Voz
2008 Home of the Giants Robert "Gar" Gartland Completo
2009 Montana Amazon Womple Post-Produción
Truth & Treason Helmuth Hübener Pre-produción

Notas editar

  1. "Haley Joel Osment Biography (1988-)". filmreference.com. Consultado o 2008-10-01. 
  2. "Playbill 19 Aug 2008". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2009. Consultado o 28 de abril de 2009. 
  3. Navarro, Mireya (2007-09-23). "When Childhood Is a Tough Role". New York Times. Consultado o 2008-10-03. 
  4. Copelan, Libby (2001-07-02). "Acting Older Than His Age". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 2008-10-01. 
  5. Duke, Paul F. (2000-04-25). "Osment, Dafoe honing 'Edges'". Variety. Consultado o 2008-10-01. 
  6. "'Sixth Sense' Star Charged With DUI". Zap2it.com (Tribune Media Services). 2006-08-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 2008-10-01. 
  7. "Haley and the ego problem". The Daily Telegraph. 1999-11-04. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 2008-10-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar