Haile Selassie

Emperador de Etiopía

Haile Selassie I (en ge'ez: ቀዳማዊ ኃይለ ሥላሴ, qädamawi haylä səllasé), nado como Tafari Makonnen Woldemikael[1] o 23 de xullo de 1892 e finado o 27 de agosto de 1975, foi o derradeiro emperador de Etiopía (de iure: 1930-1974; de facto: 1916-1936 e 1941-1975), e tamén é recoñecido e predicado coma o Deus feito home, o Señor, entre os membros do movemento rastafari.

Haile Selassie
Nome completoTäfäri Mäkonnän
Nacemento23 de xullo de 1892
Lugar de nacementoEjersa Goro
Falecemento27 de agosto de 1975
Lugar de falecementoAdís Abeba
Causaestrangulamento
SoterradoCatedral da Santísima Trindade
NacionalidadeImperio de Etiopía
RelixiónIgrexa Etíope Tewahedo
Ocupaciónpolítico e monarca
PaiMekonnen Welde Mikael
NaiYeshimebet Ali
CónxuxeMenen Asfaw
FillosPrincesa Tenagnework, Amha Selassie, Princesa Romanework, Princesa Zenebework, Princesa Tsehai, Príncipe Makonnen e Príncipe Sahle Selassie
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Orde da Aguia Branca, Orde da Rosa Branca de Finlandia, Orde de Suvorov, primeira clase, Gran Cruz da Orde do Cóndor dos Andes, Hilal-e-Pakistan, Orde do Nilo, Order of the Yugoslavian Great Star, Orde da Estrela de Romanía, Medalla da Paz das Nacións Unidas, Gran Cruz de Cabaleiro da Orde Militar de Guillerme, Colar da Orde do Papa Pío IX, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes, Gran Cruz da Orde da Torre e a Espada, Cabaleiro da Orde dos santos Mauricio e Lázaro, Order of the Eagle of Zambia, Order of Propitious Clouds, honorary doctor of the University of Bonn, The honorary doctor of Lebanese University, Grand Cross of the Order of the Bath, Ordem do Redentor, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta, Collar of the Order of Charles III, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Knight of the Order of the Most Holy Annunciation e Knight Grand Cross of the Colonial Order of the Star of Italy
Na rede
IMDB: nm0782952 Musicbrainz: 9a5480fe-1243-45f0-9986-3f8a4e2daecd Discogs: 438500 WikiTree: Makonnen-1 Find a Grave: 8064782 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido Tafari Makonnen, Haile Selassie era fillo do ras Makonnen Woldemikael Gudessa, gobernador de Harar, e da Weyziro (Dama) Yeshimebet Ali Abajifar. Descendía da casa imperial a través da súa avoa paterna, a princesa Tenagnework Sahle Selassie, tía do emperador Menelik II. Entre os etiopíes coñeceuse como Janhoy, Talaqu Meri e Abba Tekel.

A emperatriz Zewditu coroouno negus en 1928. Tras a morte desta, foi proclamado e coroado Neguse Negest ze-'Ityopp'ya (Rei de Reis de Etiopía) o 2 de novembro de 1930 nun acto ao que acudiron representantes de 12 países estranxeiros, incluídos o príncipe Henrique, duque de Gloucester (fillo de Xurxo V e irmán de Eduardo VIII e Xurxo VI) e o mariscal francés Franchet d'Esperey. En 1936 foi expulsado do seu país polas forzas de ocupación italianas, e exilouse en Bath, Inglaterra. Co apoio do Reino Unido, logrou recuperar o seu trono en 1941. Despois de que fracasase un golpe de estado en 1960, mentres el estaba no Río de Xaneiro en 1974, foi deposto por outro, esta vez exitoso, de carácter marxista. O novo home forte de Etiopía, Mengistu, mandouno asasinar o 27 de agosto de 1975.

 
Haile Selassie

Os rastas comezárono a adorar desde os anos trinta, ou sexa, pouco tempo despois da súa coroación, e orixinalmente só na illa caribeña de Xamaica. O 21 de abril de 1966 visitouna e foi recibido por miles de rastas. O famoso músico Bob Marley predicouno como Deus, traendo esta teoría da súa divindade a unha maior audiencia ata a súa morte en 1981. Desde entón o movemento Rastafari continúa crecendo lentamente e é ben coñecido en case todo o mundo. Estímase que hai un millón de rastas no mundo.


Predecesor:
Zewditu
 Emperador de Etiopía 
19411974
Sucesor:
Asfa Wossen (Emperador Designado)
Aman Mikael Andom (Presidente Provisional)

Notas editar

  1. Page, Melvin Eugene and Sonnenburg, Penny M. (2003). Colonialism: an international, social, cultural, and political encyclopedia. Volume 1. ABC-CLIO. p. 247. ISBN 978-1-57607-335-3. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.