Haile Gebrselassie

atleta etíope

Haile Gebrselassie, nado en Asella o 18 de abril de 1973, é un atleta etíope especialista en carreiras de fondo. Gebrselassie acadou as súas grandes vitorias nas distancias comprendidas entre os 1500 metros e o maratón. Rompeu 25 récords mundiais e gañou numerosos títulos olímpicos e mundiais, e está amplamente considerado coma un dos mellores corredores de longa distancia de toda a historia.[1][2][3][4][5]

Infotaula de personaHaile Gebrselassie

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(am) ኃይሌ ገብረ ሥላሴ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Asella (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAsella (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEtiopía Editar o valor em Wikidata
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso56 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniano , fondista , atleta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Nacionalidade deportivaEtiopía Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo
atletismo de pista e campo (pt) Traducir
road running (en) Traducir
corrida a corta-mato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaMaratón
2 miles run (en) Traducir
3000 metros (pt) Traducir
10 000 metros
1500 metros
5000 metros
Medio maratón Editar o valor em Wikidata
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2003Campeonato Mundial de Atletismo de 2003 (pt) Traducir
2001Campeonato Mundial de Atletismo de 2001 (pt) Traducir
2000Xogos Olímpicos de 2000
agosto de 1999Campeonato Mundial de Atletismo de 1999 (pt) Traducir
10 de agosto de 1997Campeonato Mundial de Atletismo de 1997 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
13 de agosto de 1995Campeonato Mundial de Atletismo de 1995 (pt) Traducir
agosto de 1993Campeonato Mundial de Atletismo de 1993 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0311405 Facebook: HaileGebres Twitter: HaileGebr IAAF: 14181475 Olympic.org: haile-gebrselassie Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Sidney 2000 10.000 m
Ouro Atlanta 1996 10.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Sevilla 1999 10.000 m
Ouro Atenas 1997 10.000 m
Ouro Gotemburgo 1995 10.000 m
Ouro Stuttgart 1993 10.000 m
Prata París 2003 10.000 m
Prata Stuttgart 1993 5.000 m
Bronce Edmonton 2001 10.000 m
Campionato do Mundo en Pista Cuberta
Ouro Birmingham 2003 3.000 m
Ouro Maebashi 1999 3.000 m
Ouro Maebashi 1999 1.500 m
Ouro París 1997 3.000 m

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Na súa xuventude Gebrselassie corría cada mañá dez quilómetros para ir á escola e outros 10 km de volta. Isto conduciuno a unha postura distintiva no seu xeito de correr, co seu brazo esquerdo dobrado como se levase os libros debaixo do brazo[6] Gebrselassie pertence ao grupo étnico dos oromo, ao cal pertencen varios deportistas de éxito coma Kenenisa Bekele e Mamo Wolde.

Gebrselassie logrou o recoñecemento internacional en 1992 cando gañou as probas dos 5.000 e 10.000 metros no Campionato do Mundo de Atletismo Júnior, celebrado en Seúl,[7] e unha medalla de prata na carreira júnior do Campionato Mundial de Cross.

Traxectoria deportiva editar

O ano seguinte, en 1993, Gebrselassie gañou o primeiro do que logo serían catro títulos mundiais consecutivos nas probas masculinas dos 10.000 metros nos Campionatos do Mundo de Atletismo de 1993, 1995, 1997 e 1999. No Campionato do Mundo de Atletismo de 1993, tamén participou na proba dos 5.000 metros finalizando segundo moi preto do vencedor Ismael Kirui de Kenya. En 1994 gañou o bronce no Campionato Mundial de Cross. Máis tarde nese ano estableceu o seu primeiro récord mundial (12:56.96) nos 5.000 m, batendo a marca de Saïd Aouita por dous segundos.

En 1995, Gebrselassie correu os 10.000 metros en 26:43.53 en Hengelo, Países Baixos rebaixando o récord mundial en nove segundos. Ese mesmo verán, en Zúric, Suíza, Gebrselassie correu os 5.000 metros en 12:44.39, rebaixando asombrosamente 10.91 segundos o anterior récord mundial establecido polo kenyano Moses Kiptanui nese mesmo ano. Este récord mundial marcado no encontro anual en Weltklasse en Zúric foi votado como a Actuación do ano pola revista especializada no atletismo mundial[8].

O ano seguinte, 1998, rebaixou os récords mundiais en pista cuberta dos 2.000 e 3.000 metros, gozando tamén de éxitos ao ar libre batendo os récords mundiais dos 5.000 e 10.000 metros, así coma gañando unha porcentaxe na Golden League por gañar tódalas súas carreiras ese verán. En xuño de 1998 en Hengelo, Países Baixos, Gebrselassie estableceu un novo récord mundial nos 10.000 metros (26:22.75).

En 1999, Gebrselassie protagonizou o filme Endurance interpretándose a si mesmo. A película relataba a súa procura do ouro olímpico nos 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Atlanta.

No 2000, Gebrselassie de novo gañou tódalas súas carreiras, sendo o primeiro da clasificación mundial en 5.000 e 10.000 metros. Nos Xogos Olímpicos de Sidney, converteuse no terceiro home na historia en defender o título olímpico dos 10.000 metros satisfactoriamente (logo de Emil Zátopek e Lasse Virén).

O 30 de agosto do 2003, Gebrselassie foi elixido membro da Comisión de Atletas da IAAF. Tamén no 2003, no Campionato do Mundo de Atletismo en París, Gebrselassie participou nunha das carreiras de 10.000 m máis notábeis de tódolos tempos, facéndose coa prata logo do etíope Kenenisa Bekele. A última metade da final dos 10.000 metros completouse nun tempo de 12:57.24 (12:57.2 para Bekele e 12:58.8 para Gebrselassie). Segundo a IAAF, non foi tan só este tramo o final máis rápido en 5.000 metros na proba dos 10.000 m (o récord anterior era 13:12.12, marcado en Atlanta), senón que tamén foron os 5.000 metros máis veloces no global dos campionatos superando os 12:58.13 que marcou Salah Hissou cando gañou os 5.000 metros en Sevilla 99. Isto foi certo ata que unha semana despois no Campionato Mundial de Atletismo tódolos medallistas (incluído Bekele) correron máis rápido. A diferenza entre os últimos 5.000 metros (12:57.24) e o récord mundial da proba dos 5.000 metros (12:39.36) era de 17.98 segundos, o cal é un récord. A mellor diferenza anterior era de 18.4 segundos e databa dos Xogos Olímpicos de 1976.[9]

Nos Xogos Olímpicos de 2004, Gebrselassie pretendía converterse no primeiro home na historia en gañar tres medallas de ouro olímpico consecutivas nos 10.000 m. Foi incapaz de facelo, terminando quinto nunha carreira que gañou o seu compatriota Kenenisa Bekele, que batera os récords mundiais de Gebrselassie nos 5.000 e 10.000 metros. Pouco antes da Olimpíada, Gebrselassie non puidera adestrar por unha inflamación no seu tendón de Aquiles. A lesión era o suficientemente grave como para que non competise, pero fíxoo de tódolos xeitos pola presión do seu país. Esta perda do período final de adestramento probabelmente lle fixo perder unha medalla.[10][11]

Carreira posterior editar

Desde que deixou as pistas despois dos Xogos Olímpicos de Atenas, Gebrselassie enfocouse nas carreiras de estrada e os maratóns. Entre os maratóns disputados: Londres 2002, Ámsterdam 2005 (1º posto), Londres 2006, Berlín 2006 (1º), Fukuoka 2006 (1º), Londres 2007, Berlín 2007 (1º posto e récord do mundo) e Dubai 2008 (1º posto).

Debido á contaminación atmosférica de Pequín, Gebrselassie decidiu non participar no maratón dos Xogos Olímpicos desa cidade. Padece asma e alegou que podería ser perigoso para a súa saúde.[12] Máis tarde, Gebrselassie admitiu que se arrepentía da súa decisión xa que o aire estaba máis limpo do esperado por el.[13]. Pola contra, participou na proba dos 10.000 metros, rematando sexto cun tempo de 27:06.68. A medalla de ouro foi para o seu compatriota e posuidor do récord mundial Kenenisa Bekele.[14] Logo Gebrselassie confirmou a súa participación no maratón de Berlín en setembro do 2008.[15].

Haile Gebrselassie ten afirmado que lle gustaría entrar en política cando se retire.

Notas editar

  1. "O gran plan de Gebrselassie". The Independent. 2 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  2. "10.000 m Masculinos: Gebrselassie pode ser o mellor de tódolos tempos". CBC Sports. 6 de agosto de 2001. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  3. "Acertado Haile: Gebrselassie recórdanos unha vez máis a súa grandeza". Sports Illustrated. 5 de agosto de 2007. 
  4. Longman, Jere (13 de abril de 2002). "MARATHON;O plan de Gebrselassie poderíao ferir ao final". The New York Times. 
  5. "Steinle na procura da gloria en Londres". BBC Sport. 4 de abril de 2002. 
  6. "Perfís: Haile Gebrselassie". Comité Olímpico Internacional. 
  7. "Conta atrás Olímpica: 73 días". BBC Sport. 28 de maio de 2004. 
  8. "Track & Field News"
  9. "Paris 2003 – from a distance". IAAF.org. 2003-09-02. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  10. "Un Brillante Bekele leva o ouro". BBC Sport. 20 de agosto de 2004. 
  11. "Haile farewell". IAAF. 23 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  12. "Gebrselassie opts out of marathon". BBC Sport. 10 de marzo de 2008. 
  13. [1]
  14. BBC Sports
  15. "Gebrselassie correrá o maratón de Berlín". IAAF. 24 xullo de 2008. Consultado o 27 de xullo de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar