Hafnarfjörður ou Hafnarfjordur ['hapnarˌfjœrðør̥] é unha cidade portuaria situada na costa suroeste de Islandia, a uns 10 km ao sur de Reiquiavik. É a terceira cidade máis poboada de Islandia, despois de Reiquiavik e de Kópavogur, e acadou os 25.000 habitantes o 29 de febreiro do 2008 e, segundo o censo de 2023, o 1 de xaneiro contaba con 30 568 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaHafnarfjörður
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 64°04′N 21°57′O / 64.07, -21.95Coordenadas: 64°04′N 21°57′O / 64.07, -21.95
País insularIslandia
RexiónHöfuðborgarsvæði
Município da Islândia (pt) TraducirHafnarfjarðarkaupstaður (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación30.568 (2023) Editar o valor em Wikidata (213,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie143 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webhafnarfjordur.is Editar o valor em Wikidata

Ao ser a terceira maior cidade de Islandia, en Hafnarfjörður hai variedade de industrias, de actividades urbanas e celebración de festivais anuais.

Historia editar

Poboación de Hafnarfjörður 1910 - 2008.
1910 1.547
1920 2.366
1930 3.591
1940 3.686
1950 5.087
1960 7.160
1970 9.696
1980 12.205
1990 15.151
2000 19.640
2008 25.107
2023 30 568

Hafnarfjörður (que significa Porto do Fiorde) debe o seu nome ao excelente porto natural da súa localización. A cidade é nomeada por primeira vez no Libro dos Asentamentos, e os primeiros informes de viaxes a Hafnarfjörður datan de finais do século XIV.

Os ingleses comezaron comerciar en Hafnarfjörður no século XV, os comerciantes alemáns seguiron aos ingleses e remataron por desprazalos. Desde aquela os comerciantes Hanseáticos prevaleceron na cidade ata 1602, coa súa base en Hvaleyri. Nesa data a monarquía dinamarquesa estableceu un monopolio dinamarqués no comercio en Islandia que duraría ata fins do século XVIII. Durante ese período, Hafnarfjörður foi o centro de comercio máis importante do país.

En 1793 Bjarni Sívertsen asentouse en Hafnarfjörður e fíxose influente nos negocios locais e no comercio internacional, establecendo a principal empresa de pesca comercial. A súa empresa e iniciativa sinala o comezo dun comercio importante na cidade. Desde entón foi chamado “o pai de Hafnarfjörður” e alcumado “Sir Bjarni”. Arredor de 1870 houbo uns cambios dramáticos na pesca islandesa. Os habitantes de Hafnarfjörður seguiron a tendencia crecente en Islandia de usar barcos con cuberta en vez de barcos de remos. Isto conduciu a un maior emprego e un rápido crecemento e Hafnarfjörður adquiriu o status oficial de municipio en 1908.

A primeira estrada entre Reiquiavik e Hafnarfjörður foi rematada en 1898. O primeiro arrastreiro islandés, Coot, estivo atracado en Hafnarfjörður entre 1905 e 1908. A súa zona estaba limitada pola unión de Reykjavíkurvegur, Strandgata e Vesturgata. O seu primeiro alcalde foi Páll Einarsson, quen máis tarde chegou a ser alcalde de Reiquiavik. Un porto para barcos comerciais maiores foi construído en 1912.

Despois da segunda guerra mundial arrastreiros máis modernos e numerosos barcos con motor foron engadidos á frota. O primeiro arrastreiro de popa na cidade apareceu en 1973. Hoxe en día Hafnarfjörður é un dos maiores centros pesqueiros do país e o primeiro mercado grosista de peixe de Islandia. Ao longo do tempo a dinámica economía local de Hafnarfjörður estivo fortemente vencellada á pesca, aínda que o transporte de mercadorías chegou a ser recentemente a maior actividade portuaria. Actualmente a cidade é o segundo porto de Islandia en importancia de importacións e exportacións.

Cultura editar

Hafnarfjörður está considerada a capital do rock and roll en Islandia (se ben anteriormente era considerada Keflavík), e nela teñen orixe grupos coma Botnleðja, Jet Black Joe, HAM, Sign, Úlpa, Lada Sport e Jakobínarína.

Días Brillantes editar

Cada ano en maio ten lugar o festival do Días Brillantes. Os actos inclúen curtametraxes e concertos e normalmente conclúen cun día en homenaxe aos mariñeiros islandeses.

Festival viquingo editar

No solsticio de verán ten lugar un festival viquingo, iniciado polo pub-restaurante Fjörukráin,no que entusiastas da cultura viquinga de todo o mundo fan reconstrucións da vestimenta viquinga, artesanía, loitas con espadas etc.

Elfos editar

Hafnarfjörður é coñecida por ser un dos máis populares lugares de residencia de elfos en Islandia. A cidade está construída sobre lava e rodeada de grandes montículos, que se cre que son as casas destes seres mitolóxicos. A cultura popular di que é moi difícil e practicamente imposible destruír estas casas. Hai a posibilidade de facer excursións polos arredores de Hafnarfjörður para visitar as casas máis populares dos elfos, e aínda que a crenza nos elfos diminuíu nos últimos tempos seguen a ser moi populares entre os islandeses e os turistas.

Cidades irmás editar

Uppsala (Suecia) e Tartu (Estonia).

Deportes editar

O equipo de fútbol local o FH Hafnarfjörður gañou a Liga de primeira división islandesa tres temporadas consecutivas (2004-2005-2006-2008).

O club de balonmán Haukar Hafnarfjörður gañou a Liga Islandesa de Balonmán no 2007/08 e xoga a Champions League da EHF na temporada 2008/09.

Notas editar

  1. "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar