Hacker

persoa experta nalgún campo relacionado coa computación e as telecomunicacións

Hacker (do inglés hack, recurtar), tamén coñecido como sombreiro branco (white hat), é o neoloxismo utilizado para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos, hardware de rede/voz etc. O seu entendemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software.

Chámase normalmente hackeo e hackear ás obras propias dun hacker.

Pode atoparse tamén escrito en xerga co termo haxor ou H4X0R (unha posíbel escritura no alfabeto Leet).

Orixe editar

Parece ser que o termo hacker xurdiu dos programadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Estes programadores comezaron a partir dos anos 60 a chamárense a si mesmos hackers, xa que utilizaban hacks. Así indicaban que eles podía facer programas mellores e máis eficaces, ou que facían cousas que ninguén máis era quen de facer.

No mesmo sentido, adoita dicirse que o sistema GNU/Linux foi creado e actualmente é mantido por hackers. O nome composto deste sistema operativo débese á adopción por parte do Proxecto GNU do núcleo do sistema operativo deseñado por Linus Torvalds, Linux.

Outros usos do termo Hacker editar

O termo hacker transcende aos expertos relacionados coa informática, para se referir tamén a calquera profesional que está no cumio da súa profesión, xa que na descrición máis pura, un hacker é aquela persoa a quen apasiona o coñecemento, descubrir ou aprender novas cousas e/ou compartilas sen limitacións cos demais.

O termo actualmente é algo ambiguo, xa que tamén se utiliza para referirse a afeccionados á informática que buscan defectos, portas traseiras (backdoors) e mellorar a seguridade do software, así como prever posibles erros no futuro.

Uso incorrecto do termo Hacker editar

Incorrectamente, úsase en ocasións o termo hacker para facer referencia a delincuentes informáticos. Estes delincuentes son en realidade os chamados crackers.

Tamén se usa incorrectamente para referirse aos chamados sombreiros negros (black hat), que utilizan o seu coñecemento con fins maliciosos, antimorais ou ata bélicos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar