Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno 2014

As competicións de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 foi disputado en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico da cidade rusa de Sochi: o Bolshoy Ice Dome e o Shayba Arena. Por quinta vez na historia disputouse esta modalidade en categoría masculina e feminina, competindo doce equipos na primeira e oito na segunda. A fase preliminar comezou o día 8 de febreiro de 2014, e o torneo masculino rematou o 23 de febreiro, mentres que o feminino o fixo o 20.

Ao finalizar as dúas competicións, Canadá conseguiu o ouro nas dúas categorías logo de derrotar na final masculina a Suecia (3-0) e na feminina aos Estados Unidos (3-2 na prórroga), repetindo deste xeito o éxito acadado en Vancouver. Ademais a delegación canadense finalizou o torneo imbatida logo de gañar todos os partidos das dúas categorías.

Sedes editar

O torneo olímpico de hóckey sobre xeo de Sochi 2014 celebrouse en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico de Sochi: o Pazo de Xeo de Bolshoy, con capacidade para 12.000 espectadores e inaugurado en 2012, que ten forma de ovo de Fabergé;[1] e o Arena Shayba, un pavillón inaugurado en 2013 e con capacidade para 7.000 espectadores, que é unha estrutura móbil que será empregada noutra cidade rusa despois dos Xogos Olímpicos.[2] Os dous estadios xa foran sede do Campionato do Mundo U18 celebrado na cidade rusa en 2013.[3]

As dúas sedes teñen tamaño internacional (60 x 30 metros), en oposición ao tamaño norteamericano empregado nos Vancouver.[4]

Pazo de Xeo de Bolshoy Arena Shayba
12.000 7.000

43°24′16″N 39°57′00″L / 43.40444, -39.95000 (Pazo de Xeo de Bolshoy)

43°24′08″N 39°57′07″L / 43.40222, -39.95194 (Arena Shayba)

   

Torneo masculino editar

O torneo contará con 12 países participantes, 9 clasificáronse pola Clasificación Mundial da IIHF, e 3 clasificáronse logo dun torneo clasificatorio.[4] O formato será igual que en 2010, haberá tres grupos de catro equipos, con catro roldas de partidos eliminatorios. O gañador de cada equipo e o mellor segundo serán cabezas de serie, mentres que o resto de equipos xogarán unha eliminatoria para decidir qué catro equipos xogarán os cuartos de final.[5] A NHL acordou permitirlle aos seus xogadores participar no torneo.

Cualificación editar

A cualificación para o torneo masculino foi determinada pola Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2012. Os nove mellores equipos da Clasificación Mundial clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, mentres que o resto de seleccións tiveron a posibilidade de clasificar para os outros tres postos dos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Eslovenia, Austria e Letonia sumáronse aos nove equipos xa clasificados.[4][6].

Participantes editar

Participarán doce equipos divididos en tres grupos.

Grupo A Grupo B Grupo C

Xogadores editar

Ao final do torneo, Canadá só concedera tres goles e Carey Price foi nomeado o mellor porteiro da competición. Por outra banda, o sueco Erik Karlsson foi designado mellor defensor, e o estadounidense Phil Kessel foi o máximo goleador e o mellor atacante con 5 goles e 8 puntos (os mesmos que Karlsson).[7]

Teemu Selanne, aos 43 anos e 234 días, converteuse no xogador de hóckey sobre xeo máis vello en gañar unha medalla olímpica, ao formar parte do equipo finlandés masculino que conseguiu o bronce. Selanne posúe tamén o récord olímpico de puntos totais de hóckey sobre xeo con 43.[8] De mesmo xeito, comparte o récord de máis participacións no torneo de hóckey sobre xeo olímpico con seis participacións en 2014.[9]

Non control antidopaxe nos Xogos Olímpicos, o xogador sueco Nicklas Bäckström dou positivo por pseudoefedrina no primeiro control e foi imposibilitado para xogar na final entre Suecia e o Canadá. O segundo control, analizado con posterioridade á final, tamén mostrou valores por riba do límite permitido.

Torneo feminino editar

O torneo feminino tivo lugar entre os días 8 e 17 de febreiro. Participaron oito seleccións nun novo formano no cal os catro países mellor clasificados competirán no grupo A e o resto no B. Os dous peores clasificados do grupo A xogaron contra os dous mellores equipos do grupo B nos cuartos de final, e os equipos que gañaron xogaron contra o primeiro ou segundo clasificados do grupo A (clasificados directamente para as semifinais).[10]

Cualificación editar

A cualificación para o torneo feminino dos Xogos Olímpicos de 2014 determinouse mediante a Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2012. Os cinco mellores equipos clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, Rusia clasificouse automaticamente como organizador, e o resto de equipos tiveron a posibilidade de clasificar para os outros dous postos nos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Alemaña e o Xapón sumáronse aos seis equipos xa clasificados.[4][11]

Participantes editar

Participarán oito equipos divididos en dous grupos.

Grupo A Grupo B

Xogadoras editar

A nivel individual, a xogadora suíza Florence Schelling, foi nomeada a mellor porteira e a MVP do torneo. Por outra banda, as xogadoras finlandesas Jenni Hiirikoski e Michelle Karvinen foron designadas respectivamente mellor defensora e mellor atacante, Karvinen foi tamén a máxima goleadora do torneo.[12].

Medallas editar

Medalleiro editar

Posición Equipo Ouro Prata Bronce Total
1   Canadá 2 0 0 2
2   Suecia 0 1 0 1
  Estados Unidos 0 1 0 1
3   Finlandia 0 0 1 1
  Suíza 0 0 1 1
Total 2 2 2 6

Medallistas editar

 
Canadá conseguiu o seu cuarto ouro consecutivo na 5ª edición do torneo olímpico de hóckey sobre xeo feminino.
 
O finlandés Teemu Selänne converteuse no xogador de hóckey sobre xeo máis vello en gañar unha medalla olímpica ao conseguir o bronce coa selección finlandesa.
Evento Ouro Prata Bronce
Masculino
detalles
  Canadá
Jamie Benn
Patrice Bergeron
Jay Bouwmeester
Jeff Carter
Sidney Crosby
Drew Doughty
Matt Duchene
Ryan Getzlaf
Dan Hamhuis
Duncan Keith
Chris Kunitz
Roberto Luongo
Patrick Marleau
Rick Nash
Corey Perry
Alex Pietrangelo
Carey Price
Patrick Sharp
Mike Smith
Martin St. Louis
P. K. Subban
John Tavares
Jonathan Toews
Marc-Édouard Vlasic
Shea Weber
  Suecia
Daniel Alfredsson
Nicklas Bäckström
Patrik Berglund
Alexander Edler
Oliver Ekman-Larsson
Jhonas Enroth
Jimmie Ericsson
Jonathan Ericsson
Loui Eriksson
Jonas Gustavsson
Carl Hagelin
Niklas Hjalmarsson
Marcus Johansson
Erik Karlsson
Niklas Kronwall
Marcus Krüger
Gabriel Landeskog
Henrik Lundqvist
Gustav Nyquist
Johnny Oduya
Daniel Sedin
Jakob Silfverberg
Alexander Steen
Henrik Tallinder
Henrik Zetterberg
  Finlandia
Juhamatti Aaltonen
Aleksander Barkov
Mikael Granlund
Juuso Hietanen
Jarkko Immonen
Jussi Jokinen
Olli Jokinen
Leo Komarov
Sami Lepistö
Petri Kontiola
Lauri Korpikoski
Lasse Kukkonen
Jori Lehterä
Kari Lehtonen
Olli Määttä
Antti Niemi
Antti Pihlström
Tuukka Rask
Tuomo Ruutu
Sakari Salminen
Sami Salo
Teemu Selänne
Kimmo Timonen
Ossi Väänänen
Sami Vatanen
Feminino
detalles
  Canadá
Meghan Agosta-Marciano
Gillian Apps
Mélodie Daoust
Laura Fortino
Jayna Hefford
Haley Irwin
Brianne Jenner
Rebecca Johnston
Charline Labonté
Geneviève Lacasse
Jocelyne Larocque
Meaghan Mikkelson-Reid
Caroline Ouellette
Marie-Philip Poulin
Lauriane Rougeau
Natalie Spooner
Shannon Szabados
Jenn Wakefield
Catherine Ward
Tara Watchorn
Hayley Wickenheiser
  Estados Unidos
Kacey Bellamy
Megan Bozek
Alexandra Carpenter
Julie Chu
Kendall Coyne
Brianna Decker
Meghan Duggan
Lyndsey Fry
Amanda Kessel
Hilary Knight
Jocelyne Lamoureux
Monique Lamoureux-Kolls
Gisele Marvin
Brianne McLaughlin
Michelle Picard
Josephine Pucci
Molly Schaus
Anne Schleper
Kelli Stack
Lee Stecklein
Jessie Vetter
  Suíza
Janine Alder
Livia Altmann
Sophie Anthamatten
Laura Benz
Sara Benz
Nicole Bullo
Romy Eggimann
Sarah Forster
Angela Frautschi
Jessica Lutz
Julia Marty
Stefany Marty
Alina Müller
Katrin Nabholz
Evelina Raselli
Florence Schelling
Lara Stalder
Phoebe Stanz
Anja Stiefel
Nina Waidacher

Notas editar

  1. Bolshoi Ice Dome
  2. Shayba Arena
  3. IIHF (ed.). "IIHF Ice Hockey U18 World Championship - Games" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "IIHF Olympics press release". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2013. 
  5. 2014 tournament format
  6. Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2014" (en francés). Consultado o 11 de abril de 2014. 
  7. Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Jeux Olympiques de Sotchi 2014" (en francés). Consultado o 12 de abril de 2014. 
  8. Kevin Oklobzija (22 de febreiro de 2014). USA Today, ed. "Teemu Selanne ends Olympic career a medalist". 
  9. Dave Lozo (22 de febreiro de 2014). Bleacher Report, ed. "Olympic Hockey 2014: Finnish Flash Teemu Selanne Cements His Legacy". 
  10. "27 events in IIHF program". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2013. 
  11. Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2014, féminines" (en francés). Consultado o 11 de abril de 2014. 
  12. Marc Branchu. www.passionhockey.com, ed. "Jeux Olympiques de Sotchi 2014 - Tournoi féminin" (en francés). Consultado o 12 de abril de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar