Héroes del Silencio

no se gallego

Héroes del Silencio (ás veces denominado simplemente Héroes) foi un grupo de Rock & Roll de Zaragoza (Aragón, España), formado inicialmente por Juan Valdivia e Enrique Bunbury a mediados dos anos 80. Na década de 1990 experimentaron un grande éxito en torno a España e América, e varios países europeos, incluíndo Alemaña, Bélxica, Suíza e Francia, converténdose nun dos máis exitosos grupos na historia do rock en español. Despois de doce anos e numerosos álbums, a banda separouse no ano 1996. No 2007, 20 anos despois das súas primeiras gravacións e 11 despois da súa ruptura, anunciaron o seu regreso cunha xira de 10 concertos en España e América, logo da cal se separarían definitivamente.

Héroes del silencio
Héroes del Silencio en directo, o 20 de outubro do 2007, en Sevilla.
OrixeZaragoza Aragón Aragón, España España
Período19841996, 2007
Xénero(s)Rock & Roll
Hard Rock
Selo(s) discográfico(s)EMI
MembrosEnrique Bunbury
Pedro Andreu
Juan Valdivia
Joaquín Cardiel
Antigos membrosAlan Boguslavski
Gonzalo Valdivia
Na rede
www.heroesdelsilencio.es
Facebook: HeroesdelSilencioOficial Youtube: UCDOkA4mO0BgCGM0U1w7hNpg Spotify: 3qAPxVwIQRBuz5ImPUxpZT iTunes: 3097061 Last fm: Héroes+del+Silencio Musicbrainz: 4bb712d6-8be9-4c09-810a-eb3bed2be345 Songkick: 160008 Discogs: 282520 Allmusic: mn0000954045 Deezer: 6137 Editar o valor em Wikidata

Os seus catro álbums de estudo foron incluídos na lista dos 250 mellores de tódolos tempos do Rock iberoamericano: Senderos de traición (nº5), Avalancha (nº 35), El espíritu del vino (nº 117) e El mar no cesa (nº 119).[1]

A súa canción "Entre dos tierras" foi considerada a décimo novena mellor de tódolos tempos, do rock latino en xeral.[2]

Nos seus 12 anos de carreira e unha rutina agotadora por máis de 30 países, fixeron máis de 800 concertos.[3]

Membros editar

* Enrique Bunbury Voz, guitarra acústica e harmónica
* Juan Valdivia Guitarra solista
* Joaquín Cardiel Baixo e coros
* Pedro Andreu Batería

Membros anteriores editar

* Alan Boguslavski Guitarra rítmica e coros (1993-1996)

Colaboradores editar

* Gonzalo Valdivia Guitarra rítmica (2007)

Historia editar

Orixes editar

Desde pequeno, Juan Valdivia (Segovia, 1965) estivo introducido no mundo da música xa que seu pai era un grande amante desta arte. Con 10 ou 12 anos comezou a tocar a guitarra clásica como alumno da súa irmá, que lle ensinou os acordes básicos e exercicios simples. Cando marchou a Zaragoza cambiou a guitarra clásica e mercou a súa primeira guitarra eléctrica, unha Stagg modelo Stratocaster xaponesa. Acompañado dalgúns amigos montou o grupo que sería o xerme de Héroes del Silencio, "Zumo de Vidrio". Nun dos cambios de formación que sufriu Zumo de Vidrio entrou Enrique Ortiz de Landázuri Izardui (máis tarde se lle coñecería por Enrique Bunbury, Zaragoza, 1967) para substituír o baixista que marchara. Enrique, que tocaba o baixo, probou a cantar un tema de David Bowie e Juan viu que a voz do seu compañeiro podería encaixar perfectamente no tipo de música que el quería facer. Así, Héroes del Silencio formouse en Zaragoza a mediados da década dos oitenta. Posteriormente, en 1986, Pedro Valdivia (batería) foise estudar e deixou o grupo, sendo o seu substituto Pedro Andreu (Zaragoza, 1966). Tamén houbo máis cambios xa que Enrique quería deixar o baixo para ter máis soltura no escenario á hora de cantar e deron cun baixista chamado Joaquín Cardiel (Zaragoza, 1965).

Concertos, ensaios, a gravación dunha maqueta e incluso o primeiro premio nun concurso para grupos non profesionais foi o que viviron nos seus primeiros tempos xuntos até que Gustavo Montesano (ex integrante do grupo Olé Olé) viunos en directo na Sala «En Bruto» (Zaragoza) e, vendo o seu potencial, lles puxo en contacto coa importante discográfica EMI, a cal lles propuxo gravar un EP con catro temas. A gravación e posterior edición deste disco, a finais de 1987, foi simplemente unha proba que lles puxo a casa antes de gravar un LP completo; se vendían unha determinada cantidade de copias gravarían o seguinte disco, se non vendían, aí quedaríase a cousa. Tratábase do mini LP Héroe de leyenda, que superou as cifras necesarias. Tras este mini-disco, preséntanse en Madrid, no Festival de San Isidro, onde dan a coñecer a forza das súas cancións e a súa calidade en directo. Nesa primeira etapa a banda estaba moi influenciada polo After Punk e o Rock escuro británico (The Cure, Echo And The Bunnymen, Bauhaus...).

En 1988 publican o seu primeiro álbum, El mar no cesa, alcanzando o disco de platino en moi pouco tempo, converténdose nun dos grupos máis exitosos do momento. Despois da edición do disco, a compañía fixo unha boa promoción do grupo e unha xira que lles levou por todo o territorio español.

Inicio da fama editar

 
Presentación en vivo de Héroes del Silencio en Foro Sol, México en outubro do 2007.

A finais de 1990 volven ao estudo para gravar novo material, o seu segundo disco: Senderos de traición. Un conxunto de cancións extraordinariamente poderosas e emocionais que ilustraban perfectamente a profundidade da habilidad musical do grupo e a carismática presenza de Enrique Bunbury, con temas coma Entre dos tierras e Maldito duende. A crítica empezounos a chamar os The Mission españois, ao ter moitos puntos en común coma o tipo de arpexios, as letras crípticas, a sonoridade en xeral, a estética e a simboloxía. En dúas semanas, este álbum colocouse no número un de vendas en España cunhas 400.000 copias. Trala correspondente xira por España, en setembro de 1991, un promotor alemán foi persuadido a escoitar a música do grupo. Estaba en proceso de organizar o que sería o maior festival en Berlín: "Rock against Racism" (Rock contra o racismo), unha protesta de celebridades musicais de varios países ante o rexurdimento do fascismo en Europa, e particularmente na recentemente unida Alemaña. Desta forma, o promotor alemán invitounos a tocar no festival, que se levou a cabo a finais de 1991 en Berlín. A súa presentación no festival foi a forma en que estalou a súa fama nese país. Case pódese asegurar que isto foi tamén a súa apertura ao público europeo, debido a que despois embarcáronse nunha xira continental que abarcou Alemaña, Bélxica, Suíza e Francia, e unhas vendas en Europa dunhas 800.000 copias. Tamén houbo xira por Suramérica para a promoción deste disco, o que supuxo un bo empurrón ás vendas, 175.000 exemplares máis. Nesta xira suramericana coñeceron a un guitarrista do cal Juan fíxose bo amigo: Alan Boguslavski (México).

A principios de 1993 volveron ao estudo de gravación para rexistrar o dobre LP (na súa edición en vinilo) El espíritu del vino, que chegou a ser número un en numerosos países, entre os que destacan España, México, e Suíza e alcanzando o número nove en Alemaña. Con este terceiro disco o grupo fixo un xiro cara a un rock máis duro e incluso psicodélico, debido en grande medida ás influencias do guitarrista Juan Valdivia, quen tiña un interese crecente polos grupos do panorama do hard rock. Este cambio pode apreciarse en cancións coma El camino del exceso ou Los placeres de la pobreza. Continuando as súas formulacións en canto ás xiras (España, Europa e Suramérica) e á internacionalización do grupo, Héroes del Silencio chegou á MTV, que emitiu concertos e promoveu os seus vídeos musicais en toda Europa. Se Senderos de traición significou o salto, pódese dicir que El espíritu del vino foi a consagración, pois as vendas aumentaron e a lista de datas de concertos foi moito máis longa. Pero antes de comezar este tour, Alan Boguslavsky uniuse ao grupo coma guitarra de apoio e así, con cinco membros por primeira vez, viaxaron polo «camiño do exceso», xira posterior á edición deste terceiro disco. Posteriormente Boguslavsky terminaría sendo un membro máis da banda, compoñendo con eles, aínda que sen saír nas fotos promocionais do seu seguinte álbum.

Tomáronse unhas vacacións bastante longas ao rematar, o que fixo pensar aos seguidores que algo non ía ben no interior do grupo.

A inicios de 1995 de novo ao estudo, pero esta vez fóronse aos Ánxeles. Dalí traen baixo o brazo o seu último disco de estudo: Avalancha, con Bob Ezrin (Lou Reed, Pink Floyd, Peter Gabriel, Alice Cooper, Kiss etc.) coma produtor executivo. Trátase dun álbum que seguiu a estela marcada por "El espíritu del vino" pero cunhas letras máis directas e un enfoque de Hard Rock americano e incluso con algunhas tinguiduras Grunge. O álbum, que volveu ser número un en España, embarcounos nunha xira de auténtico nivel mundial, incluíndo no seu calendario un público que ata agora non visitaran visitado, América do Norte.

Ao final da xira deste último LP sae ao mercado un dobre CD que recolle os seus temas en dous concertos (Madrid e Zaragoza), Parasiempre foi o seu título, de novo, primeira posición en listas. Ao fin, resultaría ser o derradeiro disco do grupo, xa que a formación disolveuse tras este traballo.

Separación editar

Os rumores anteriormente citados convertéronse en realidade e separáronse. Baráxanse varios motivos, posto que a banda nunca deu unha resposta concreta aínda que o principal parece ser o mal ambiente e a tensión entre os membros, especialmente entre Juan e Alan. As opinións multiplicáronse e as entrevistas aos membros non achegaban luz.

A partir deste momento, o grupo deixa de compoñer, e a compañía discográfica decide sacar cada pouco tempo novos CDs de concertos, rarezas, caixas, versións, mesturas e todo tipo de material para os incondicionais do grupo.

No ano 1998 sacaron á venda Rarezas, disco que contiña algúns temas inéditos, versións en vivo e de estudo que nunca saíron á luz ou foron edicións limitadas e de difícil acceso.

Trala disolución de Héroes del Silencio, é destacábel a actividade do propio Bunbury en solitario. Tamén Bogusflow, o proxecto que Alan Boguslavski desenvolveu tras colaborar no debut do cantante. Por outro lado, Andreu proba sorte co grupo Puravida, pero o proxecto fracasou ao pouco tempo de comezar. Embarcándose no proxecto DAB de música chill-out dentro do selo Café del Mar, do cal é directivo. Unicamente a carreira de Enrique Bunbury en solitario foi exitosa, sacando ao mercado 5 discos e facendo xiras en España e Latinoamérica.

Regreso no 2007 editar

Artigo principal: Héroes del Silencio Tour 2007.
 
Héroes durante un momento da súa actuación en Sevilla en outubro do 2007

O 14 de febreiro do 2007, vinte anos despois das súas primeiras gravacións e once desde a súa separación, Héroes del Silencio anunciou a súa volta aos escenarios coa xira coa que se presentarían en Cidade de Guatemala, Buenos Aires, Monterrey, Cidade de México, Os Ánxeles, Sevilla, Zaragoza e Valencia dando unicamente 10 concertos.

O 15 de setembro de 2007, Héroes del Silencio, fronte a 24.000 persoas no Estadio do Exército de Guatemala, arrincaron o seu Tour 2007. Con algunhas deficiencias no son e problemas coa seguridade, o cal foi rapidamente perdoado polos ansiosos fanáticos que esperaran 11 anos para ver novamente aos Héroes en terras guatemaltecas.

Para levar a cabo esta xira, o grupo contou co patrocinio de empresas tanto públicas coma privadas, entre as que se incluíu a Expo Zaragoza 2008, o Real Zaragoza e o Concello da mesma cidade, onde ofreceron dous concertos no estadio de La Romareda os días 10 e 12 de outubro do 2007.

As entradas vendéronse en tempo récord para os concertos de Sevilla, Zaragoza e México. En menos de 23 horas desde a súa posta á venda, vendéronse todas elas, aínda que a motivación desta compra tan rápida foi a reventa. En concreto, para o concerto do 12 de outubro en Zaragoza, que se puxeron á venda as entradas o 1 de marzo dese mesmo ano ás 00:00 h, esgotáronse en tan só 3 horas, con xente ás portas das tendas físicas 24 horas antes e co conseguinte colapso de caixeiros Ibercaja e a web, onde tamén se vendían. Proba diso foi que cando se anunciou o último concerto (Valencia), a xente que mercara máis entradas para facer negocio, intentou vendelas por tódolos medios, sen conseguilo ou perdendo cartos. Desde estes momentos vese a falla de organización e a mala fe á hora de programar os concertos.

E para o colofón final, o concerto que pechaba a xira no circuíto Ricardo Tormo de Cheste (Valencia): O desastre na previsión e a falta de organización que provocou o caos circulatorio durante máis de catro horas e vinte quilómetros de retencións que imposibilitaron o acceso a milleiros de seguidores. Os afectados aínda están agardando unha solución, sen que a organizadora do evento (Rock And Chicken) interesárase de ningún modo por eles.

A novidad deste Tour foi que non participou o quinto "Heroe", o guitarrista Alan Boguslavsky, no seu lugar fíxoo o tamén guitarrista Gonzalo Valdivia.

Tras finaliza-la xira, Bunbury confirmou o final definitivo da banda e que continuaría a súa carreira en solitario.

Discografía editar

Álbums editar

* El mar no cesa (1988)
* Senderos de traición (1990)
* El espíritu del vino (1993)
* Avalancha (1995)

EPs editar

* Héroe de leyenda (1987)
* En directo (1989) EP en directo
* Senda '91 (1991) EP en directo

Álbums en directo editar

* Parasiempre (1996) 2 CDs
* El ruido y la furia (2005) CD + DVD
* Tour 2007 (2007) 2 CDs + 2 DVDs (Boxset)
* Live in Germany (2011) CD + DVD

Recompilatorios editar

* Rarezas (1998) Contén temas inéditos
* Edición del milenio (1999) 4 CDs
* Canciones 1984–1996 (2000) 2 CDs
* Antología audiovisual (2004) CD + DVD
* The Platinum Collection (2004) 3 CDs + DVD
* El mar no cesa (Reedición) (2006) 2 CDs
* Senderos de traición (Reedición) (2006) 2 CDs
* El espíritu del vino (Reedición) (2006) 2 CDs
* Avalancha (Reedición) (2006) 2 CDs

Influencias editar

Héroes del Silencio compuxo unhas letras moi particulares para as súas cancións. Hai moitos xeitos de interpretalas e ás veces son moi enrevesadas. Algúns autores nos que se inspiraron foron: Charles Baudelaire, William Blake, Jorge Manrique, Xeración do 27, Antonio Machado, Mario Benedetti e Alejandro Casona.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar