Hélder Cristóvão

Hélder Marino Rodrigues Cristóvão, nado en Luanda o 21 de marzo de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol angolano-portugués. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección portuguesa. Actualmente adestra o Benfica B.

Hélder
Información persoal
Nome Hélder Marino Rodrigues Cristóvão
Nacemento 21 de marzo de 1971 (53 anos)
Lugar de nacemento Luanda
Altura 1,81 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Benfica B (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1992 Estoril 81 (5)
1992–1996 Benfica 125 (9)
1997–2002 Deportivo da Coruña 67 (1)
1999–2000Newcastle (cedido) 8 (1)
2002–2004 Benfica 41 (2)
2004–2005 Paris Saint-Germain 16 (1)
2005–2006 Larissa 9 (0)
Total 347 (19)
Selección nacional
1991–1992 Portugal sub-21 6 (2)
1992–2001 Portugal 35 (3)
Adestrador
2009 Estoril
2011 Portimonense (asistente)
2013– Benfica B
Na rede
FIFA: 95062 UEFA: 15611 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Empezou a destacar mentres xogaba no GD Estoril Praia, pasando logo ao SL Benfica na tempada 1992–93, onde estivo até a 1996–97. En xaneiro de 1997 pasou ao Deportivo da Coruña. Na tempada 1999–00, campaña na que gañou a Liga o equipo galego, marchou cedido ao Newcastle United FC, facendo 12 aparicións e marcando un gol vez antes de regresar ao Deportivo, onde permaneceu até a campaña 2001–02.

Na tempada 2002–03, Hélder volveu ao Benfica, ao final da súa carreira, con 31 anos, xogando durante dous anos e uníndose logo ao Paris Saint-Germain FC na tempada seguinte. Pasou a súa última tempada no Larissa FC grego, a 2005–06, xogando 9 veces e retirándose ao final desta.

Selección nacional editar

Hélder xogou 35 veces para a Selección de fútbol de Portugal, marcando tres goles.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar